Reseña histórica

Edificio de nova construción -Universidade da Coruña, 2001-. Premio de Arquitectura Rodolfo Ucha 2001 para obra de nova construción.

Ocupa o espazo do Camiño de Ronda da Antiga Muralla da cidade -zona polémica, 1928-. No Proxecto Tollet (1894) este espazo non pertencía ao Hospital da Nosa Señora das Dolores e, após a súa cesión por parte do Exército de Terra -Guerra-, foi construído un edificio de andar baixo que formaba conxunto co que na actualidade -2004- ocupa o edificio de Obradoiros Tecnolóxicos.

Inicialmente foi destinado a dormitorios de mariñeiría -cento dez camas- e con posterioridade -1946- a cociñas e comedores de dotación.

Unha parte deste terreo edificable tamén acolleu, desde 1943 ata 2000, un depósito de cadáveres. Esta zona hoxe, en case a súa totalidade -Avenida de Vigo, esquina rúa Antelo- está destinada a xardíns.

Arquitectos: D. Joaquín Fernández Madrid e D. Pedro Iglesias Pereira
Construtor: COPASA