Universidade da Coruña
ReitoradoReitoría XerenciaXerencia CentrosCentros DepartamentosDepartamentos InstitutosInstitutos Biblioteca e Servizos XeraisBiblioteca e Servizos Xerais
Docencia e EstudoDocencia e Estudo InvestigaciónInvestigación Estatística e LegislaciónEstatística e Lexislación PersoalPersoal EstudantesEstudantes Outras WebsOutras Webs
Imprimir Imprimir

MATRÍCULA UDC 2009/2010 E ATENCIÓN Á DIVERSIDADE


MATRÍCULA NO MES DE XULLO:

A matrícula do curso 2009-2010 comeza o día 20 de xullo.

a) Matrícula para o alumnado de 1.º curso e por vez primeira, en titulacións con límite de prazas segundo os prazos sinalados pola CIUG:

1.º prazo: do 21 ao 23 de xullo
2.º prazo: do 28 ao 30 de xullo
3.º prazo: do 1 ao 3 de setembro

b) Matrícula para alumnos de 1.ºcurso e por vez primeira en titulacións sen límite de prazas:
Do 20 de xullo ao 23 de outubro

MATRÍCULA A PARTIR DO MES DE SETEMBRO:

a) Alumnado que continúa os seus estudos e de 2.º ciclo sen límite de prazas.
b) Matrícula para o alumnado de 1.º curso e por vez primeira que non se matriculou no mes de xullo.
c) Alumnado de titulacións con límite de prazas de só 2.º ciclo e 2.º ciclos de titulacións de 1.º e 2.º ciclos de titulacións de 1.º e 2.º ciclos.
d) Titulados que acceden ao 4.º curso nos graos.
e) Alumnado que se cambia dunha titulación LRU ao correspondente grao.

Véxanse os prazos no Anexo III da Normativa de xestión académica

MODALIDADES DE MATRÍCULA:

Se queres matricularte na Universidade da Coruña poderás optar por dúas modalidades de matrícula:

1. Matrícula por internet
Se es alumno ou alumna de primeiro e te matriculas por primeira vez, poderás facelo desde calquera punto con acceso a internet desde o enderezo http://matricula.udc.es/MatriculaPrimeiro

Se es alumno ou alumna que continúa os seus estudos poderás facelo desde calquera punto con acceso a internet no enderezo http://www.udc.es/ucv/sv_estudante.html

Tamén estarán dispoñibles as aulas-net dos centros para poder exercer esta opción.

2. Matrícula nas administracións dos centros
O alumnado solicitaralle ao persoal das administracións dos centros que lle realicen a súa matrícula. Neste caso, deberá cubrir e asinar o papel codificado de cor rosa que aparece no sobre de matrícula.

3. Formas de pagamento
a) Domiciliación bancaria: a UDC emitirá un cargo contra a conta indicada e o estudante non terá que facer ningunha outra xestión de pagamento

b) Pagamento en efectivo: co resgardo de matrícula efectuarase o pagamento na entidade bancaria e devolveráselle ao centro o xustificante de pagamento.

MÁIS INFORMACIÓN:

Información sobre o proceso de matrícula: http://www.udc.es/principal/ga/
Información sobre a normativa e os prazos (véxase o Anexo III da Normativa de xestión académica)
LERD-Ferrol: 981 337 451 (lerdfer@udc.es)
LERD-A Coruña: 981 167 196 (lerdcoruna@udc.es)
Central telefónica da UDC: 981 167 000 (hai que solicitar a extensión do centro que corresponda)
Teléfono de información gratuíto: 900 81 25 25

Opción Atención á diversidade



Páxina Anterior Principio da Páxina Mapa do Web

Directorio Telefónico Teléfonos Axenda Axenda Procura Procura Ligazóns Ligazóns Suxestións Suxestións    Actualidade   Campus Coruña   Campus Ferrol   RSS