Universidade da Coruña
ReitoradoReitoría XerenciaXerencia CentrosCentros DepartamentosDepartamentos InstitutosInstitutos Biblioteca e Servizos XeraisBiblioteca e Servizos Xerais
Docencia e EstudoDocencia e Estudo InvestigaciónInvestigación Estatística e LegislaciónEstatística e Lexislación PersoalPersoal EstudantesEstudantes Outras WebsOutras Webs
Imprimir Imprimir

ACTUALIDADE


AULA DE CINEMA E IMAXE UDC. CAMPUS A CORUÑA:

Opción Aberto o prazo de preinscrición para o curso Miradas radicais do cinema moderno da Aula de Cinema e Imaxe UDC:

Xa está aberto o prazo de preinscrición para o curso que baixo o título de Miradas radicais do cinema moderno impartirá o profesor Vicente Ponce, da Universidade de Valencia. O curso tratará de analizar as principais aportacións dos movementos de vangarda dos anos 60, coñecidos como novas ondas, a partir dos autores e obras máis importantes e renovadores da linguaxe do cinema da modernidade europea, da nouvelle vague, ao free cinema británico, do cinema nuovo italiano ao new american cinema e o underground americano.

Para o curso é importante que, no posible, os filmes que aparecen no programa sexan vistos con antelación. Pódese consultar a videoteca da Aula de cinema, que conta con varios deles.


Datas:
23 ao 27 de marzo
Horarios:
16 a 21 horas, de luns a venres
Duración:
25 horas
Lugar:
Campus de Elviña. Aula por determinar
Matrícula:
30 euros comunidade universitaria/40 euros alleos

Créditos:

Solicitaranse créditos de libre elección

A inscrición pódese facer acudindo á Oficina da Área de Cultura, na Casa do Lagar, s/n. campus de Elviña e deixando os datos, ben mandando os datos persoais e contacto ao enderezo de correo electrónico secretaria.acultura@udc.es ou ben chamando ao 981167000, ext. 1962

Opción Xornadas sobre sociedade civil e problemas globais, coa proxección do filme O xardineiro fiel, de Fernando Meirelles:

Xornadas sobre Sociedade civil e problemas globais, que organiza a Área de Dereito Público da UDC e a Cátedra Jean Monet, coa colaboración da Aula de Cinema e Imaxe.

Dia 13 de marzo:

Primeira sesión. ONG e empresas multinacionais: cine e Dereito.
17.00 h Visionado do filme: O xardineiro fiel (Constant gardener). Fernando Meirelles, 2005.
A continuación intervencións e mesa redonda a cargo de:
Xosé Castro Roig, tradutor-lingüísta (presentador do programa de TV2 "Palabra por palabra"), Madrid.
David Castro de Paz, coordinador da Aula de Cinema e Imaxe e técnico de Cultura da UDC.
Amelia Díaz Pérez de Madrid, profesora contratada. Doutora de Dereito Internacional Público, Universidade de Granada

Dia 3 de abril:

Segunda sesión. ONG e cooperación ao desenvolvemento: teoría e práctica
17.00 h Intervencións e mesa redonda a cargo de:
Teoría: ONG: Montserrat Abad Castelos, Profesora Titular de Dereito Internacional Público da Universidade Carlos III de Madrid, asesora xurídica do Ministerio de Asuntos Exteriores e Cooperación.
Cooperación ao desenvolvemento: Carlos Teijo García, profesor contratado doutor da Universidade de Santiago de Compostela, membro do Consello Galego de Cooperación
Práctica: Representantes de diferentes ONG: Intermon OXFAM, Entreculturas, Solidariedade Galega, Equus Zebra

AULA CINEMA E IMAXE DA UDC. CAMPUS FERROL:

Opción Ciclo de cinema: Inverno de cinema (en colaboración co Concello de Ferrrol):

Todos os filmes proxectaranse no Cine Dúplex, Travesía Moreno 3, Ferrol.
Entrada gratuíta.


4 marzo - 20:30 h:

Curtametraxe galega: Cientos de cerillas quemadas sobre un viejo mantel de hule
Director/a: Ben Carter e Juan Junquera
Ano de produción: 2008
Longametraxe: Lost Highway
Director/a: David Lynch
Ano de produción: 1997

11 marzo - 20:30 h:
Curtametraxe galega: O Hospital
Director/a: Iván Seoane
Ano de produción: 2007
Longametraxe: Dean Ringers
Director/a: David Cronenberg
Ano de produción: 1988
18 marzo - 20:30 h:
Curtametraxe galega: O Conxuro
Director/a: Pablo Millán
Ano de produción: 2006
Longametraxe: Adaptation
Director/a: Spike Jonze
Ano de produción: 2002
25 marzo - 20:30 h:
Curtametraxe galega: O Cazador
Director/a: Ángel Santos
Ano de produción: 2007
Longametraxe: Buffalo 66
Director/a: Vincent Gallo
Ano de produción: 1999

Opción Exposición de fotografía:

Exposición dos traballos das últimas promocións dos obradoiros de fotografía do campus de Ferrol.


Coordinada por:
Rocío Brage
Datas:
15 de marzo ao 15 de abril
Lugar:
Sala de exposicións (ao lado do Salón de actos do campus de Esteiro)

 


 

Páxina Anterior Principio da Páxina Mapa do Web

Directorio Telefónico Teléfonos Axenda Axenda Procura Procura Ligazóns Ligazóns Suxestións Suxestións    Actualidade   Campus Coruña   Campus Ferrol   RSS