Bonos Fitness

Todos os usuarios dos BONOS FITNESS E TOTAL FITNESS deberán ser Abonados/as da Área de deportes ou ter a Matrícula deportiva (nas opcións abertas ao público en xeral).

Os/as usuarios/as que teñan feita unha inscrición no primeiro cuadrimestre, terán preferencia para a reserva da praza que ocupan no segundo cuadrimestre, abríndose para eles/as un periodo de renovación anterior ao prazo de inscrición do segundo cuadrimestre.

Poderás inscribirte ao longo do curso:

1º cuadrimestre: do 18 de setembro ao 9 de febreiro.
2º cuadrimestre: do 12 de febreiro ao 29 de xuño.

Os membros da Comunidade Universitaria poderán inscribirse a partir do 11 de setembro e os Non Universitarios poderán facelo a partir do 18 de setembro.

A Área de Deportes resérvase o dereito de suspender algunha actividade de non se alcanzar unha participación mínima ao rematar o prazo aberto de inscrición para a Comunidade Universitaria. Cómpre consultalo no momento da inscrición.

 

Bono Fitness

Global Training System, unibike, gap, workpower, estiramentos, dance fitness

De luns a xoves das 18:00 ás 22:00 horas

Global Training System: luns e mércores das 19:30 ás 20:15 h

Unibike: luns e mércores das 21:15 ás 22:00 h

Gap: luns e mércores das 20:15 ás 20:45 h

Workpower: martes e xoves das 19:30 ás 20:15 h

Dance fitness: martes e xoves das 20:15 ás 21:00 h

Estiramentos: luns e mércores das 20:45 ás 21:15 h

Comunidade Universitaria: 90 € ano / 60 € cuadrimestre

Público en xeral: 145 € ano/ 90 € cuadrimestre

Inscricións

  

Total fitness

Sala fitness + Bono Fitness

Das 09:00 ás 22:30 horas

Comunidade Universitaria: 135€ ano / 80€ cuadrimestre

Inscricións

 

Definición de actividades dirixidas (non están todas incluídas nos bonos fitness)