Cursos de formación

Para poder participar en calquera actividade programada pola Área de Deportes da UDC, todos os membros da Comunidade Universitaria deberán ser Abonados/as da Área de Deportes no presente curso académico.

Os usuarios/as Non Universitarios deberán abonar unha matrícula, a maiores do prezo da actividade en cuestión na que se anoten, para poder participar nas actividades abertas a eles/as...

Nalgúns cursos de formación e para o alumnado de estudos de Grao da UDC (plan novo) poderase obter o recoñecemento de créditos (normativa e resolución reitoral) de se demostrar a aptitude na parte teórica e ter unha asistencia mínima do 85% das clases.

Os prezos destes cursos son orientativos.

A Área de Deportes resérvase o dereito de suspender algún curso de non alcanzar unha participación mínima. Cómpre consultalo no momento da inscrición.

 

  • Curso de Monitor/a de Fútbol Base
    • información
    • inscrición
  • Curso de Monitor/a de Balonmán. Nivel I (Non é preciso ter o Abono Deportes. Non ten recoñecidos créditos)
    • Información
    • Inscrición
  • Curso de Adestrador/a Territorial de Balonmán. Nivel II (Non é preciso ter o Abono Deportes. Non ten recoñecidos créditos)
    • Información
    • Inscrición
  • Curso de Entrenador Básico de Fútbol. (Conducente al título UEFA B)
  • Curso de Entrenador Avanzado de Fútbol. (Conducente al título UEFA A)
  • Curso de Monitor/a Nacional de Atletismo