BONOS FITNESS

Todos os usuarios dos BONOS FITNESS E TOTAL FITNESS deberán ser Abonados/as da Área de deportes ou ter a         Matrícula deportiva (nas opcións abertas ao público en xeral)

Os/as usuarios/as que teñan feita unha inscrición no primeiro cuadrimestre, terán preferencia para a reserva da praza que ocupan no segundo cuadrimestre, abríndose para eles/as un período de renovación anterior ao prazo de inscrición do segundo cuadrimestre.

Poderás inscribirte ao longo do curso:

1º cuadrimestre: do 18 de setembro ao 9 de febreiro.
2º cuadrimestre: do 12 de febreiro ao 29 de xuño.

Os membros da comunidade universitaria poderán inscribirse a partir do 11 de setembro e o público en xeral a partir do 18 de setembro.

A Área de Deportes resérvase o dereito de suspender algunha actividade de non se alcanzar unha participación mínima ao rematar o prazo aberto de inscrición para a Comunidade Universitaria. Cómpre consultalo no momento da inscrición.

 

BONO FITNESS

Inclúe todas as actividades de Fitness.

ZUMBA: Sala multiusos do estadio do Campus de Elviña. Luns e mércores de 19:00 a 20:00 h.

GAP: Sala multiusos do estadio do Campus de Elviña. Luns e mércores de 20:00 a 21:00 h.

                                                                                                    Martes e xoves de 18:30 a 19:30h.

UNIBIKE: Sala multiusos do estadio do Campus de Elviña. Martes e xoves de 19:30 a 20:15 h.

WORKPOWER: Sala multiusos do estadio do Campus de Elviña. Martes e xoves de 20:15 a 21:00 h.

 Inscricións

 

TOTAL FITNESS

Inclúe todas as actividades do Bono Fitness e a Sala de Musculación en todo o seu horario de apertura 09:00 a 22:30 h.

Inscricións

 

Definición de actividades dirixidas (non están todas incluídas nos bonos fitness)