Campamento Multideportivo 2017

23 de xuño - 1 de xullo/ 4 - 15 de xullo/ 18 - 29 de xullo/ 1 - 9 de setembro

2017

CAMPAMENTO MULTIDEPORTIVO

Campamentos en xuño, xullo e setembro para nenos e nenas


Multideportivo

Nacidos/as do 1 de xaneiro do 2005 ao 31 de decembro do 2011.
Actividades multideportivas, escalada, actividades ambientais, xogos tradicionais galegos, orientación, xincanas,  excursión ao Castro de Elviña e actividades acuáticas.

A Coruña, instalacións deportivas do campus de Elviña

* 26 de xuño – 30 de xuño, comunidade universitaria 54,50 €, persoas alleas á UDC 64,50 €.

Prazo de inscrición: do 25 de maio ao 20 de xuño

* 3  – 14 de xullo, comunidade universitaria 109 €, persoas alleas á UDC 129 €.

Prazo de inscrición: com. univ. (do 25 de maio ao 26 de xuño), persoas alleas á UDC (do 13 ao 26 de xuño)

* 17 – 31 de xullo, comunidade universitaria 109 €, persoas alleas á UDC 129 €.

Prazo de inscrición: com. univ. (do 25 de maio ao 12 de xullo), persoas alleas á UDC (do 13 de xuño ao 12 de xullo)

* 1 - 8 de setembro, comunidade universitaria 65,50 €, persoas alleas á UDC  77,50 €.

Prazo de inscrición: do 25 de maio ao 31 de xullo

 

Horarios

Entrada: 8:30 –  9:30 h
Actividades: 9:00 – 14:30 h

Saída: de 14:30 - 15:00 (os nenos/as que teñan comedor sairán entre as 15:15 e as 16:00 h)

O campamento non inclúe transporte agás a saída ás actividades náuticas.

O xantar é opcional: 5,50 € diarios (6,20 € por días soltos, pagando directamente na cafetaría).


Resumo das actividades do campamento multideportivo


Matrícula en liña 

Documentación necesaria:

No momento da inscrición deberá de encher un cuestionario no que terá que subir 4 documentos, autorización fotográfica e de saídas (deberá envialo asinado), foto carné, copia da tarxeta sanitaria do neno/a e copia do libro de familia.

Inscrición:

1º  autenticación  (se é da comunidade universitaria prema en "autenticación universitarios"  e se é persoal alleo á UDC prema en "autenticación de non universitarios e familiares". O persoal alleo que entre por primeira vez deberá rexistrarse previamente)

2º rexistro do fillo/a. Prema “novo membro da familia” para dar de alta a cada fillo ou filla (no caso de non telos previamente rexistrados)
3º unha vez creados "entre na sesión do fillo/a" que desexe inscribir

4º prema na pestana Actividades - A Coruña - Campamento multideportivo

5º prema no enlace "Ver +" e elixa a quenda do campamento no que quere inscribirse (con ou sen comedor)

6º cubra o cuestionario e achegue os 4 documentos

7º seleccione o xeito de pagamento (tarxeta de crédito ou débito) e confirme
 

 

As prazas son limitadas.
Poderase cancelar a quenda de non acadar o número mínimo de inscricións.
Darase preferencia a fillos e fillas de membros da comunidade universitaria.
Todas as inscricións serán por orde de entrada xunto co seu pagamento.
 

Información

Na Coruña, no Pavillón de Deportes do campus de Elviña

Teléfonos 881 011 904, 881 011 905, 881 011 909

infodeportes@udc.es