Campamento Náutico + Inglés 2017

Do 4 ao 15 de xullo

2017

CAMPAMENTO NÁUTICO + INGLÉS

Imprescindible saber nadar


Náutico + inglés

Nacidos/as do 1 de xaneiro do 2003 ao 2 de xullo do 2009.
O obxectivo é a introdución nos deportes náuticos espertando o gusto pola comunicación en inglés. En seco realizaranse sesións de reforzo en inglés con actividades lúdicas e medios audiovisuais.

A Coruña, Aula Náutica do dique de abrigo

* 3 – 14 de xullo, comunidade universitaria 140 €, persoas alleas á UDC 160 €.

Prazo de inscrición: com.univ. (do 25 de maio ao 26 de xuño), persoas alleas á UDC (do 13 ao 26 de xuño)

* 17 – 31 de xullo, comunidade universitaria 140 €, persoas alleas á UDC 160 €.

Prazo de inscrición: com.univ. (do 25 de maio ao 12 de xullo), persoas alleas á UDC (do 13 de xuño ao 12 de xullo)

 

Horarios

Entrada: 8:30 – 9:30 h
Actividades: 9:00 – 14:30 h

Saída: de 14:30 - 15:00 (os nenos/as que teñan comedor sairán entre as 15:15 e as 16:00 h)

O xantar é opcional: 6,50 € diarios.


Resumo das actividades do campamento náutico + inglés


Matrícula en liña

Documentación necesaria:

No momento da inscrición deberá de encher un cuestionario no que terá que subir 4 documentos, declaración de saber nadar + autorización fotográfica e de saídas (deberá envialo asinado), foto carné, copia da tarxeta sanitaria do neno/a e copia do libro de familia.

Inscrición:

autenticación (se é da comunidade universitaria prema en "autenticación universitarios" e se é persoal alleo á UDC prema en "autenticación de non universitarios e familiares". O persoal alleo que entre por primeira vez deberá rexistrarse previamente)

2º rexistro do fillo/a. Prema “novo membro da familia” para dar de alta a cada fillo ou filla (no caso de non telos previamente rexistrados)
3º unha vez creados "entre na sesión do fillo/a" que desexe inscribir

4º prema na pestana Actividades - A Coruña - Campamento Náutico + Inglés

5º prema no enlace "Ver +" e elixa a quenda do campamento no que quere inscribirse (con ou sen comedor)

6º cubra o cuestionario e achegue os 4 documentos

7º seleccione o xeito de pagamento (tarxeta de crédito ou débito) e confirme

 

 

 

As prazas son limitadas.
Poderase cancelar a quenda de non acadar o número mínimo de inscricións.
Darase preferencia a fillos e fillas de membros da comunidade universitaria.
Todas as inscricións serán por orde de entrada xunto co seu pagamento.

 

Información

Na Coruña, no Pavillón de Deportes do campus de Elviña

Teléfonos 881 011 904, 881 011 905, 881 011 909

infodeportes@udc.es