Abono Deporte

 

 

Abono Deporte: Prezo 25 €.

 

Podes abonarte se es membro da Comunidade Universitaria:

- Alumnado de calquera dos tres ciclos: Grao, Máster e Doutoramento ou 1º, 2º e 3º ciclo da UDC, persoal docente e investigador (e cónxuxes e fillos de entre 15 e 28 anos), persoal de administración e servizos (e cónxuxes e fillos de entre 15 e 28 anos), estudantes de programas de intercambio e estudantes de mestrados con seguro de cobertura de actividades deportivas.

- Non todas as actividades están abertas para os fillos/as abonados da comunidade universitaria (consultar antes da inscrición).

- Despois de participar en competicións e escolas poderanse obter o recoñecemento de créditos (plan novo) (normativa e resolución reitoral).

- Todos os usuarios/as abonados/as da Área de Deportes no presente curso académico poderán facer uso gratuíto das instalacións deportivas propias da UDC, agás da sala de musculación e das pistas de pádel do Campus da Zapateira.

 

 

O público en xeral deberá abonar unha matrícula de 40€ (válido polo curso académico en vigor. Do 5 de setembro ao 31 de agosto) a maiores do prezo da actividade en cuestión na que se anoten, para poder participar nas actividades abertas a eles/as. Deberá abonar tamén 10€ de Seguro de accidentes no seguinte número de conta de Abanca IBAN ES19 20805000603040266982 (unha vez abonado e antes de comezar a actividade deberá enviar o xustificante do pagamento ao seguinte enderezo de correo electrónico; infodeportes@udc.es).

 

Para facer o Abono Deporte ou a Matrícula preme aquí e pasa a recoller o teu adhesivo (Abono Deporte) ou o carné de usuario (matrícula de Non Universitario).

 

- Todas as actividades deportivas están suxeitas para o seu correcto desenvolvemento a un número mínimo de participantes. A Área de Deportes resérvase o dereito de suspender algunha actividade de non se alcanzar unha participación mínima ao rematar o prazo aberto de inscrición para a Comunidade Universitaria. Cómpre consultalo no momento da inscrición.

- Todas as actividades deportivas rexeranse polo calendario académico universitario do curso actual.

- A Área de Deportes reservase o dereito a modificar as actividades ou os prezos.

-Toda reserva de praza feita nunha actividade deportiva terá validez ata que remate o prazo de confirmación (pagamento). Transcorrido este prazo a reserva quedará anulada. No suposto de ter realizado o pago mediante ingreso bancario, deberase presentar o resgardo do pago nas oficinas da Área de Deportes no prazo anteriormente marcado, de non ser así, procederase á anulación da praza (o feito de ter pagada a cuota non garantiza de por si a inscrición).

- Non se realizará ningunha devolución de pagamento salvo que a actividade ou instalación non se puidera realizar ou utilizar por causas imputables á Área de Deportes.

 

* Para o acceso a todas as instalacións deportivas por parte dos Abonados da Área de Deportes, será obrigatorio presentar, ante o persoal responsable da instalación, o carné universitario co adhesivo do Abono Deporte do curso en vigor.