Información UES

Información UES

Con esta actividade, a Área de Deportes quere prestar un servizo de prescrición de exercicio físico para a saúde, seguro, eficaz e eficiente que reduce o risco de sufrir lesións e maximiza os resultados positivos.

Os adestradores persoais son profesionais da actividade física e o deporte que prescriben exercicio dun xeito individualizado tendo en conta os obxectivos que persigan os usuarios: saúde, rendemento, recuperación funcional.

Obxectivos

  • Crear hábitos saudables
  • Mellorar o control postural
  • Controlar o peso corporal
  • Incrementar o rendemento deportivo
  • Previr e recuperar lesións
  • Mellorar a condición física
  • Que facemos?
  • Avaliación da condición física
  • Análise da composición corporal
  • Prescrición individualizada de exercicio físico

2 sesións semanais (1 hora/sesión) cun máximo de 5 usuarios na mesma hora

Concertarase unha cita previa de avaliación

Máis información e inscricións

 


Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000