Abono Deporte e Matrícula

Prezo: 25 €.

Podes abonarte se es membro da comunidade universitaria:

- Alumnado de calquera dos tres ciclos: Grao, Máster e Doutoramento ou 1º, 2º e 3º da UDC, persoal docente e investigador (e cónxuxes e fillos maiores de 15 anos), persoal de administración e servizos (e cónxuxes e fillos maiores de 15 anos), estudantes de programas de intercambio e de proxectos de fin de carreira, estudantes de mestrados con seguro de cobertura de actividades deportivas.

- Despois de participar en competicións e escolas poderanse validar créditos de libre elección ou solicitar o recoñecemento de créditos.

- Todos os usuarios/as abonados/as da Área de Deportes no presente curso académico poderán facer uso gratuíto das instalacións deportivas propias da UDC, agás da sala de musculación.  


Os usuarios Non Universitarios deberán abonar unha matrícula de 40€, a maiores do prezo da actividade en cuestión na que se anoten, para poder participar nas actividades abertas a eles.

 

Para abonarte preme aquí e pasa a recoller o teu adhesivo ou carnet pola Área de Deportes.

 

* Todas as actividades deportivas están suxeitas para o seu correcto desenvolvemento a un número mínimo de participantes. Consúltese no momento da inscrición.

* A Área de Deportes reservase o dereito a modificar as actividades ou os prezos.

* Toda RESERVA de praza feita nunha actividade deportiva con posterioridade ao comezo da mesma, conservarase como máximo 2 días hábiles; transcorrido este prazo a reserva quedará anulada. No suposto de ter realizado o pago mediante ingreso bancario, deberase presentar o resgardo do pago nas oficinas da Área de Deportes no prazo anteriormente marcado, de non ser así, procederase á anulación da praza.

 


Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000