Personal Training

Con esta actividade, a Área de Deportes quere prestar un servizo de prescrición de exercicio físico para a saúde, seguro, eficaz e eficiente que reduce o risco de sufrir lesións e maximiza os resultados positivos.

Os adestradores persoais son profesionais da actividade física e o deporte que prescriben exercicio dun xeito individualizado tendo en conta os obxectivos que persigan os usuarios: saúde, rendemento, recuperación funcional.

 

Obxectivos

  • Crear hábitos saudables
  • Mellorar o control postural
  • Controlar o peso corporal
  • Incrementar o rendemento deportivo
  • Previr e recuperar lesións
  • Mellorar a condición física

 

Horarios:

2 sesións semanais (75 min/sesión ) cun máximo de 5 usuarios na mesma hora.

  • Mañana: 09:15 a 11:45 horas.
  • Tarde: 15:15 a 19 horas.

 

Instalacións Campus de Elviña:

  • Sala musculación.
  • Pista de atletismo.
  • Tatami.
  • Sala multiusos.

 

Concertarase unha cita previa de avaliación.

Máis información e inscricións

 


Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000