XVIII Campus Mauro Silva

10, 11 e 12 de abril. Para nenas e nenos de 4 a 12 anos

 

Información

Dirixido a nenos e nenas de 4 a 12 anos.

Lugar: Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física (INEF Galicia en Bastiagueiro) (transporte gratuíto)

Datas: 10, 11 e 12 de abril de 2017 (horario 10-19 h.)

Prazo de inscricións: do 15 de marzo ao 5 de abril de 2017

Descontos especiais para fillos/as de membros da Comunidade Universitaria

Introdución

Programa

Prezos

Inscricións

autenticación (se é da comunidade universitaria prema en "autenticación universitarios" e se é persoal alleo á UDC prema en "autenticación de non universitarios e familiares". O persoal alleo que entre por primeira vez deberá rexistrarse previamente)

2º rexistro do fillo/a. Prema “novo membro da familia” para dar de alta a cada fillo ou filla (no caso de non telos previamente rexistrados)
3º unha vez creados "entre na sesión do fillo/a" que desexe inscribir

4º prema na pestana Actividades - A Coruña - Campus Mauro Silva

5º prema no enlace "Ver +" e a continuación "inscrición" (botón azul)

6º seleccione o xeito de pagamento (tarxeta de crédito ou débito) e confirme

 

Ou ben, pode facer a inscrición de xeito presencial imprimindo o seguinte impreso de pagamento, cubrilo e ir ao banco a pagar. Despois deberá achegalo, xunto con esta folla de inscrición debidamente cuberta, á Área de Deportes da UDC. Tamén pode remitir esta documentación ao fax 981167163 ou ao enderezo electrónico infodeportes@udc.es.

 

Presentación

7 de abril de 2017 ás 19:00 horas no Salón de Actos do INEF

Dirixida a todos os inscritos no campus. Asignaráselles a todos os nenos/as o seu grupo e coñecerán os seus monitores. Entregaráselles material deportivo, os horarios e as paradas dos autobuses, as normas de comportamento, unha relación do material que deberán levar, etc.

Tríptico informativo

Máis información

infodeportes@udc.es

A Coruña: Pavillón de Deportes, campus de Elviña. Tel.: 981 167 000 ext. 1904, 1905 e 1906

Ferrol: Edificio de Apoio ao Estudo, campus de Esteiro. Tel.: 981 337 400 ext. 3678
 


Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000

dominio .gal