Hipopresivos

Os exercicios hipopresivos baséanse nunha serie de posturas coordinadas e progresivas con diferentes niveis de dificultade nas que implica un control da postura e da respiración para diminuír a presión intraabdominal e conseguir unha activación da musculatura interna do corpo moi efectiva.

Practicar hipopresivos provoca un efecto semellante ao de recargar as pilas, é beneficioso para mellorar a postura e libera con isto as tensións das nosas costas. Permítenos tamén activalo solo pelviano (en mulleres incluso se teñen incontinencia ou prolapso) e a faixa abdominal, co cal conseguimos manter o abdome máis plano e forte.

Para persoas deportistas, é o complemento axeitado para mellorar no rendemento dos adestramentos.

Máis información e incricións: A Coruña