Campamentos

Campus Mauro Silva

O Campus Mauro Silva está pensado para ensinar algúns aspectos relacionados coa práctica do fútbol, así como determinadas ferramentas que facilitan a introdución a internet, natación, inglés, etc.

Contaremos coa presenza de xogadores do Depor, que nos contarán as súas experiencias, poderemos facerlles preguntas, fotografarnos con eles e conseguir o seu autógrafo.

O principal obxectivo do campus é que os/as rapaces /rapazas se divirtan así como fomentar a convivencia e a solidariedade.

Dedicaremos unha xornada á familia, en que os pais e os familiares que o desexen poderán xantar cos seus fillos. Pola tarde celebraranse partidiños entre pais e fillos.

Poderán apuntarse rapaces e rapazas de entre 4 a 12 anos.

Campamento Multideportivo

Campamento de verán multideportivo para rapaces e rapazas de entre 6 e 12 anos.

Actividades multideportivas, escalada, actividades ambientais, xogos tradicionais galegos, xincanas, excursión ao Castro de Elviña, actividades acuáticas (opcional e voluntario. So para os nacidos antes do 25 xuño do 2009).

Campamento Náutico-Inglés

Campamento Náutico + Inglés a realizar na Aula Náutica da UDC.
Destinado a rapaces e rapazas que saiban nadar en edades comprendidas entre 8 e 14 anos.

Desenrolarase na Aula Náutica.

Ten como obxectivo a introdución aos deportes náuticos, espertando o gusto pola comunicación en inglés.
En seco, realizaranse sesións de reforzo de inglés con actividades lúdicas e medios audiovisuais.
As actividades daranse primariamente en inglés, aínda que tamén en castelán ou galego.