Adestrador persoal

Con esta actividade, a Área de Deportes quere prestar un servizo de prescrición de exercicio físico para a saúde, seguro, eficaz e eficiente que reduce o risco de sufrir lesións e maximiza os resultados positivos.

Os adestradores persoais son profesionais da actividade física e o deporte que prescriben exercicio dun xeito individualizado tendo en conta os obxectivos que persigan os usuarios: saúde, rendemento, recuperación funcional.

 Obxectivos

  • Crear hábitos saudables
  • Mellorar o control postural
  • Controlar o peso corporal
  • Incrementar o rendemento deportivo
  • Previr e recuperar lesións
  • Mellorar a condición física

 Qué facemos?

  • Avaliación da condición física
  • Análise da composición corporal
  • Prescrición individualizada de exercicio físico

Horarios:

2 sesións semanais (75 min/sesión ) + 1h sesión/semanal de hipopresivos.

Máximo 5 usuarios na mesma sesión

Usuarios: Membros da Comunidade Universitaria abonados/as da Área de Deportes.

Os inscritos no programa de Adestramento Persoal terán dereito ao uso libre do ximnasio/sala fitness.

A inscrición nun horario determinado será provisional, quedando condicionada a súa aceptación á entrevista persoal co monitor/a.

Inscricións: A Coruña / Ferrol