Taekwondo

Escolas deportivas

Escola anual para a práctica continuada do Taekwondo para todos aqueles membros da Comunidade Universitaria que teñan o Abono Deportes do actual curso académico.

Instalación: Tatami do Estadio Universitario Campus de Elviña.

Todas as escolas deportivas rexeranse polo calendario académico universitario. Cando o calendario académico universitario marque un festivo ou non lectivo, ese día, non haberá clases e non se recuperarán.

No caso de que o/a alumno/a non cumpra coa asistencia mínima esixida (máximo 5 faltas non xustificadas) perderá a praza en favor da seguinte persoa da listaxe de agarda, sen dereito á devolución da cuota de inscrición.
Os universitarios/as (alumnos/as de Grao) que tomen parte nalgunha escola deportiva, terán a posibilidade de obter o recoñecemento de créditos (consultar o apartado de normativa), de ter unha asistencia mínima ás sesións do 85% durante todo o curso académico.

Os/as usuarios/as que teñan feita unha inscrición no primeiro cuadrimestre, terán a preferencia para a reserva da praza que ocupan no segundo cuadrimestre, abríndose para eles/as un periodo de renovación anterior ao prazo de inscrición do segundo cuadrimestre.

A Área de Deportes resérvase o dereito de suspender algunha escola de non se alcanzar unha participación mínima ao rematar o prazo aberto de inscrición para a Comunidade Universitaria. Cómpre consultalo no momento da inscrición.

Máis información e inscrición: A Coruña

Competicións

Competicións externas