Solo Pelviano

Actividade dirixida para a mellora da saúde e a calidade de vida da muller.

Desenvólvese no marco da saúde a prevención e o benestar da muller. Poñeranse en práctica exercicios para activar, tonificar e mover todo o corpo, implicando conscientemente a musculatura do solo pelviano.

A toma de conciencia do solo pelviano para localizalo, entendelo e recoñecelo permitirá a cada muller identificar as súas debilidades e así activalo mellorando o seu estado. Isto repercutirá na súa mellor calidade de vida, unha mellor condición física, así como unha prevención e mellora de disfuncións como incontinencias, prolapsos, sexualidade e problemas de costas.

As mulleres deportistas beneficiaranse nos seus adestramentos do coñecemento da protección da musculatura perineal.

Instalación: Aula Génova da Aula Naútica.

Máis información e inscricións: A Coruña