Sala Fitness/musculación

Inscricións para o uso libre da sala fitness/musculación para todos aqueles membros da Comunidade Universitaria que posean o Abono Deportes no actual curso académico.

Ambas salas están dotadas de vestiarios, diferentes máquinas de exercicio físico, aparellos de peso libre e todos os elementos e accesorios necesarios para a práctica dunha actividade física saudable.

Instalacións

  • Estadio Universitario campus de Elviña (A Coruña)
  • Centro Cultural Universitario (Ferrol)

O horario de apertura das salas será continuado, dende as 9:00 h ata as 22:30 h durante todo o curso académico (agás no mes de agosto)

En festividades do calendario académico e durante o mes de xullo este horario será reducido.

Maís información e inscricións: A Coruña / Ferrol