Patrón de Embarcacións de Recreo (PER)

Cursos

Patron de embarcacións de recreo (PER)

Curso de formación conducente á obtención dun título oficial.

O Curso de Patrón de Embarcacións de Recreo (PER), programado pola Área de Deportes da UDC para todos os membros da Comunidade Universitaria que sexan Abonados/as da Área de Deportes no presente curso académico, autoriza aos seus tenedores ao governo dunha embarcación de recreo de ata 15 metros de eslora e ata 12 millas da costa ou navegación entre illas.O alumnado de estudos de Grao da UDC (plan novo) poderá ter a opción de obter o recoñecemento de créditos (consultar no apartado de normativa) de se demostrar a aptitude na parte teórica e ter unha asistencia mínima do 85% das clases.

A Área de Deportes resérvase o dereito de suspender algún curso de formación no caso de non alcanzar unha participación mínima. Cómpre consultalo no momento da inscrición.

Máis información e inscricións: A Coruña / Ferrol

Patrón de navegación básica (PNB)

Curso teórico de patrón de navegación básica (20 h) conducente ao título oficial para o goberno de embarcacións de recreo ata 8 metros de eslora e ata 5 millas da costa.

Os prezos incluen: ive, libro, acceso á plataforma formación e xestión de matriculación e trámite.
Non inclue taxas de exame nin expedición de tarxeta deportiva (taxas Xunta).

Posibilidade de facer prácticas a un prezo reducido para os alumnos/as que realicen a parte teórica connosco.

Máis información e inscricións: A Coruña