Estiramentos-GAP

Estiramentos

Estirarse é de vital importancia para relaxarse e previr problemas musculares. Aumenta a flexibilidade e a elasticidade de músculos e tendóns, proporcionando unha mellora global da capacidade de movemento, así como un aumento do rango do propio movemento.

Gap

Sesión destinada a tonificar glúteos, abdominais e pernas, realizada cun soporte musical e a utilización de material auxiliar. Mellora da tonificación dos principais grupos musculares do tren inferior e dos músculos abdominais.

Actividade incluida nos bonos fitness.

Máis información e inscricións: A Coruña / Ferrol