XVII ENCONTRO GALEGO e

X GALEGO-PORTUGUÉS DE EDUCADORAS/ES POLA PAZ

23, 24 e 25 de abril, 2004

Hotel Novo Muiño. Praia de Camposancos-A Guarda (Pontevedra)

ORGANIZA:

A cita das educadoras e educadores pola paz galegos e portugueses está novamente convocada. Nesta ocasión cun ano de retraso por mor das difíciles circunstancias que a vida nos da de vez en cando. Pero precisamente por esas dúas circunstancias, o tempo de espera e as ganas de seguir loitando pola paz, fan que ésta sexa unha convocatoria realmente moi especial. O lugar da cita tamén tiña que ser especial. Así que, novamente, eleximos por terceira vez un dos enclaves paisaxísticos máis fermosos e espectaculares da nosa xeografía: a desembocadura do Miño, o lugar onde o rio Miño se funde co mar unindo, ao mesmo tempo, as terras irmás da Galiza e Portugal. O lugar, no que hai moitos anos moitos colegas portugueses asistiron por primeira vez aos nosos encontros. E con moitos deles e delas xa quedamos unidos para sempre.

A temática deste ano xira en torno ao tema central do debate mundial como é a comprensión dos significados e das consecuencias tanto sociais, políticas, económicas e educativas da globalización neoliberal, con especial énfase na nova estratexia norteamericana da guerra preventiva, secundada por algúns gobernos como son os casos de España e Portugal. A profundización dos desequilibrios ente o Norte e o Sul do planeta, o aumento da precariedade e da exclusión social, a institucionalización da mentira como forma habitual de facer política, o recorte progresivo das liberdades e dos dereitos da cidadanía democrática, o proceso xigantesco de deseducación para a paz a que se pretende sumir á poboación, etc., son aspectos suficientemente importantes que nos obrigan a “armarnos” intelectulmente para poder afrontar esta complexa realidade con mayor criterio e disposición.

Como educadores e educadoras, dado que un dos nosos obxectivos é facilitar aos estudantes estratexias para comprender o mundo no que vivimos, temos que debatir, tanto no plano da teoría como o da práctica, cáles son as mellores estratexias para afrontar esta situación. Para elo na tarde do venres, despois da tradicional sesión de xogos cooperativos, Carlos Taibo introducirá o tema desde a análise global da nova orde internacional e as alternativas que á mesma se están a producir, para na mañá do sábado, Xesús R. Jares presentar a súa análise e as súas propostas en clave educativa.

O sábado pola tarde é momento de vivir experiencias e propostas educativas desde os seis obradoiros/oficinas que se ofertan (cada participante debe escoller un dos seis). Con temática variada e renovando a práctica totalidade dos obradoiros, e contando con profisionais con experiencia e mérito recoñecidos. A parte práctica do Encontro continúa o domingo pola mañá coa presentación e experiencias. Como é tradicional, os xogos cooperativos salpicarán o Encontro ao longo da fin de semana.

Pero, ademáis este Encontro ten outro elemento de vital importancia como é a proposta que se vai discutir na Asamblea do domingo para constituir una Asociación galaico-portuguesa de educadores pola paz. Unha proposta que pretende fortalecer a vida deste movemento transfronteirizo que encetamos hai máis de dez anos.

Por último o a convocatoria deste ano ten outro elemento que o fai especial como é a celebración do 21º aniversario de Educadores/as pola paz-Nova Escola Galega e máis o 30º aniversario da revolución democrática do 25 de abril.

 

PROGRAMA 

Venres/6ª feira , 23 de Abril

            16.00h.- Recepción

18.00h.- Xogos Cooperativos

19.00h.- Apertura e Boas vindas

19.15h.- Conferencia-debate: “A nova desorde internacional: hexemonía estadounidense e contestacións”, por Carlos TAIBO (Profesor da Universidade Autonóma de Madrid. Autor de numerosos libros e artigos. Colaborador habitual dos xornais El País e La vanguardia).

21,00h.- Cea/ Jantar.

22.00h.- Ponto de encontro. Presentación das organizacións presentes. Dinámicas de presentación e coñecemento.

 

Sábado, 24 de Abril

            08.00h.- Almorzo/Pequeno almoço.

09.30h.- Tema de Estudo: “Educar para a paz en tempos de globalización e guerra preventiva”, presentado por Xesús R. JARES (Coordinador de Educadores pola paz-NEG. Catedrático da Universidade da Coruña. Presidente da Asociación Española de Investigación para a Paz-AIPAZ)

10.30h.- Preguntas aclaratorias e organización dos grupos de reflexión

11.00h.- Pausa

11.30h.- Traballo de reflexión en grupos simultáneos

12.30h – Conclusións e posta en común

13.00h.- Posta en común (gran grupo) e conclusións

14.00.- Xantar/Almoço

16.30h.- Obradoiros/ Oficinas (2 sesións de 2h cun descanso no medio): Cada participante escolherá um dos seguintes:

  Re-encantar o mundo através de uma pedagogia dos afectos:                                                                  as expressões artísticas integradas numa educação para a paz, por Lucilia VALENTE (Professora Associada no Departamento de Artes da Universidade de Évora, Portugal)

   Teoría e práctica do obradoiro da escrita. A poesía na aula, por Bernardo CARPENTE (Profesor de Ensino Medio en Vigo, Galiza)

   Danças do mundo, por  Paulo FERREIRA RODRIGUES
(Professor na Área de Educação Musical da Escola Superior de Educação de Lisboa, Portugal)

  Estratexias para a mellora da convivencia, por Carmen LOUREIRO (Profesora de Secundaria na Illa de Arousa, Galiza)

  Educaçao para a paz, educar na diferença. Estratégias e actividades para os educadores, por Armindo GREGORIO e Maria do Céu FERRO (Educadores da ONG Oikos en Lisboa, Portugal)

 O coñecemento a a ciencia nun mundo globalizado.
A crítica da ciencia desde o feminismo e outras exclusións, unha aportación á cultura e a educación para a paz, por Carmen MAGALLÓN (Fundación Seminario de Investigación para la Paz, Zaragoza)

21.00h.- Cea/Jantar

22.00h.- Festa da Paz e do 25 de abril

 

Domingo, 25 de Abril

09.00h.- Almorzo/Pequeno almoço.

10.30h.- Presentación de experiencias e comunicacións

11.45h.- Pausa

12.00h.- Asamblea: Avaliaçión do Encontro e Proposta para unha organización do movemento galaico-portugués de educadores pola paz

13.15h.- Fotografia da paz e ceiba da pomba da paz

13.30h.- Xantar/Almoço.

16.00h.- Clausura/Encerramento do encontro

 

 

EXPOSICION E VENDA DE MATERIAIS:

Durante o ENCONTRO haberá exposición e venda de materiais. As persoas/grupos que queiran desenvolver unha destas actividades deben comunicalo á organización para reservar o sitio.

  

PRESENTACION DE COMUNICACIÓNS E EXPERIENCIAS:

As persoas que queiran presentar experiencias ou comunicacións deben comunicarllelo á organización e adxuntar nun folio o resumo da mesma. Prégase acompañalo con soporte informático. Poden ser enviadas por correo-e á dirección: jares@udc.es

Data tope de entrega: 31 de marzo.

 

PRECIOS:

1. Pensión completa a fin de semana máis matrícula en habitación dobre:

a) Socios de NEG ; socios do MEP; estudantes e parados/desempregados até o día 31 de marzo: 80 euros. Despois desa data: 90 euros.

 b) Resto das persoas: 90 euros até o día 31 de marzo. Despois desa data o precio é de 100 euros.

 As persoas que queiran habitación individual teñen que pagar un suplemento de 10 euros.

 2. Só matrícula:

            a) Ata o día 31 de marzo:    

            - Socios/as de NEG; socios/as do MEP; estudantes e parados/as,:  25 euros.

            - Resto: 30 euros.

b)      Despois do 31 de marzo:

            - Socios/as de NEG; socios/as do MEP; estudantes/as e parados/as,:  35 euros.

            - Resto: 40 euros.

 CERTIFICACIÓN:

* Actividade homologada pola Consellería de Educación por un total de 20 horas. Entregase certificado oficial aos asistentes así como aos que presenten experiencias/comunicacións.

* Para as/os estudantes das universidades solicitarase a concesión de 2 créditos de libre configuración, tal como foi concedido pola Universidade da Coruña para Encontros anteriores.

  

INSCRIPCIONS:

Enviar os datos persoais da ficha de inscripción xunto coa fotocopia do xustificante da transferencia bancaria a:

Educadores pola paz

Apdo. 577

36200 VIGO (Pontevedra) (España)

             CONTA a nome de: Educadores pola Paz

             Nº: 2080.0000.71.0040194535 de Caixanova (Oficina principal) en Vigo.

  

MAIS INFORMACIÓN:

PORTUGAL:

·        Escola Secundaria do Moinho da maré. Corroios-Seixal (Setúbal)

      Tfno. 21 25 38 881. Fax: 21 25 39 150

      Correo-e: es3moinhomare_ce@iol.pt

GALIZA:

·         Nova Escola Galega (NEG): Tfno/Fax: 981.56 25 77 ((lúns de 19 a 21,30 h. e xoves de 9 a 11h.). Correo-e: neg@iaga.com

·         Dto. de Pedagoxía e Didáctica: Tfno. 981 16 70 00. Ext. 1743 ou 1867

Fax: 981 16 71 53 (a atención de Xesús Jares)

Correo electrónico: jares@udc.es

 

FICHA DE INSCRIPCION

XVII ENCONTRO GALEGO-X GALEGO/PORTUGUES DE EDUCADORES/AS POLA PAZ

                                              

Nome e apelidos: .....................................................................................................................................................

Domicilio: ................................................................................................................................................................

Localidade: ............................................... C.P......................... Tfno: ........................... Correo-e: .........................

Centro de traballo: . ..................................................................................................................................................

Area ou materia que imparte: ..................................................................................................................................

Se vas presentar alguha experiencia/comunicación indícanos o título: .................................................................

....................................................................................................................................................................................

Obradoiro/atelier ao que te apuntas (As prazas cubriránse por orde de chegada):

                1ª Opción: Título do obradoiro/atelier: ....................................................................................................

                2ª Opción: Título do obradoiro/atelier.......................................................................................................

Compartirei aloxamento con: ...................................................................................................................................

Socio/a de: .................................................................................................................................................................

OBSERVACIONS:................................................................................................................................................. ....................................................................................................................................................................................