I Xornadas de Innovación Educativa. Mudando a “gramática” da escola
14, 15, 21 e 22 de febreiro de 2011
Salón de Actos da Facultade de Ciencias da Educación

A innovación educativa é o espazo de creatividade que o profesorado e os centros educativos usan para pór en práctica os seus desexos de cambio. Ese pulo xorde do convencemento de ser capaces de mellorar a aprendizaxe dos nosos alumnos e alumnas.
Cando entramos na segunda década do século XXI, sobran evidencias da necesidade da innovación. O salto cualitativo que a escola ten que dar para incorporarse á Galaxia Dixital debe supor a transformación do que se coñece como “a gramática da escola”: as regras de funcionamento interno contra as cales bateron infrutuosamente moitas das iniciativas pedagóxicas innovadoras. Mais o illamento, a segmentación e a repetición están a ser rebatidas produtivamente por múltiples iniciativas en aulas e centros.
Con estas I Xornada de Innovación Educativa queremos alentar esta complicidade creativa, ofrecendo un espazo de comunicación e intercambio de experiencias de innovación en tódalas etapas educativas e en diferentes eidos sociocomunitarios.

Información, contacto e inscricións:
Secretaría do Decanato (2º andar), de 10.00 a 14.00 h. Facultade de C. da Educación.
Telf. 981167000 ext. 4640/ educa@udc.es

* Solicitado 1 crédito de libre elección
* En trámite a homologación, con 15 horas de formación, por parte da Consellería de Educación e OU

Descarga o programa
Descarga os impresos de pago