AMBIENTALMENTE SUSTENTABLE
 
Revista Científica 
Galego-Lusófona de Educación Ambiental

ambientalMENTEsustentable é unha publicación semestral de ciencias sociais, ciencias da natureza, ciencias da saúde, ciencias químicas, enxeñaría civil e arquitectura, ciencias xurídicas, ciencias económicas, enxeñaría informática e ciencias físicas e matemáticas, editada polo Servizo de Publicacións da Universidade da Coruña e o Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA).


Os obxectivos da revista son: divulgar as achegas de carácter científico que desde as distintas áreas do coñecemento se están a facer no ámbito da educación ambiental, abordar temas socioambientais de actualidade e presentar propostas anovadoras en que se una investigación e acción, reflexión teórica e xestión.


A revista admite colaboracións en calquera idioma, mais serán publicadas en galego ou portugués.

 
Blog Summary Widget

Consello de Direción: Araceli Serantes e Carlos Vales