Presentación
CAFÉS-TEATRO-CIENTÍFICOSO obxectivo é transmitir de maneira sinxela e amena os distintos aspectos do coñecemento científico en xeral, así como dar a coñecer varios campos de investigación que se desenvolven na actualidade en Galicia. Esta divulgación lévase a cabo a través de dous científicos e un actor en bares e cafeterías de diferentes vilas, implicando a todo o público dunha forma interactiva, os venres pola tarde. [+ información] |
VI ENC0NTROS ATLÁNTICOS DE NEUROCIENCIAOs Encontros Atlánticos de Neurociencia
son unhas xornadas científicas que reunirán,
durante tres días, a destacados
investigadores no estudo do sistema
nervioso xunto a unha selección de alumnos
de doutorado o posdoutorado recentes. |
|
|
ÚLTIMAS PUBLICACIÓNS - LIBROS |
CURTO-CIRCUITOS DE NEUROCIENCIATras o primeiro ano de éxito volven aos colexios os curtocircuítos de neurociencia. Esta actividade vai dirixida aos nenos de 8 a 9 anos, a través da realización de obradoiros neurocientíficos achegámoslles aos nenos o mundo fascinante e complexo do sistema nervioso. Os lugares de celebración serán colexios da provincia da Coruña, durante os meses de outubro, novembro e decembro de 2009. [+ información] |

