Divulgación Científica
O segundo premio do Certame "Teresa Pinillos" foi para "El lenguaje de las neuronas" , de Casto Rivadulla Fernández, profesor universitario e investigador do Grupo de Neurociencia e Control Motor (NEUROcom) do departamento de Medicina da Universidade da Coruña. Este Certame é unha iniciativa da asociación Nexociencia e da Universidade da Rioxa co obxectivo de impulsar a comprensión pública da ciencia. Esta edición contou, ademais, coa colaboración da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía. (FECYT), da Real Sociedade Española de Química, a Consellería de Educación, Cultura e Deporte do Goberno da Rioxa, a Escola Superior de Deseño da Rioxa e a Casa das Ciencias de Logroño. |
![]() |
O Grupo NEUROcom, organiza os Cafés-teatro-científicos, unha actividade de divulgación co obxectivo de acercar o coñecemento científico en xeral á sociedade. Nesta edición introduciremos novidades diversificando os temas a tratar. Ademais dos dous neurocientíficos do grupo organizador, contaremos cunha matemática, un ecólogo, un físico e un biólogo evolutivo. Realizarase a través de charlas-discusión, nas que poderán participar todos os asistentes en xeral. O lugar de celebración será nunha cafetería/bar, en distintas vilas, os venres pola tarde. Esta actividade está financiada pola Fundación Española para Ciencia e Tecnoloxía do Ministerio de Ciencia e Innovación e a Consellería de Economía e Industria, da Xunta de Galicia e organizada en colaboración coa Universidade da Coruña. Os encargados de levala a cabo son Xurxo Mariño e Casto Rivadulla, investigadores pertencentes a NEUROcom, ademais dos científicos colaboradores: Elena Vázquez, Luís Sampedro, Eduardo Sánchez e Alberto Velando, acompañados dos actores:Vicente de Souza e César Goldi. [+ información] |
![]() |
Curto-circuitos de neurociencia Tras o primeiro ano de éxito volven aos colexios os curtocircuítos de neurociencia. Esta actividade vai dirixida aos nenos de 8 a 9 anos, a través da realización de obradoiros neurocientíficos achegámoslles aos nenos o mundo fascinante e complexo do sistema nervioso. Os lugares de celebración serán colexios da provincia da Coruña, durante os meses de outubro, novembro e decembro de 2009. Esta actividade está
financiada pola Consellería de Economía e Industria, da Xunta de Galicia e organizada en colaboración coa Universidade da Coruña. [+ información] |
![]() |
|
![]() |
Xurxo Mariño, membro de NEUROcom, ao rematar as súas clases da asignatura "Estructura e Función do Corpo Humano", fotografía os encerados, nos que plasmou a súa explicación. |







