Grupo de Neurociencia e Control Motor

English | Castellano | Contacto
Membros | Ónde | Prensa |
Visión e NO | Tálamo Visual | Mecanismos Sinápticos | Sono e NO |Mecanismos do Sono | Párkinson e Control Motor |
Centros | Programas |
Libros | Artigos Revistas |
subglobal6 link | subglobal6 link | subglobal6 link | subglobal6 link | subglobal6 link | subglobal6 link | subglobal6 link
subglobal7 link | subglobal7 link | subglobal7 link | subglobal7 link | subglobal7 link | subglobal7 link | subglobal7 link
subglobal8 link | subglobal8 link | subglobal8 link | subglobal8 link | subglobal8 link | subglobal8 link | subglobal8 link
tl_curve_white.gif tr_curve_white.gif

Neurocom

Novas e Eventos

Hotel Alcázar de la Reina, Carmona, SEVILLA, do 21 ao 25 de xuño de 2010.

O Curso Nacional de Neurociencia iniciouse coa súa primeira convocatoria en 1990 cun programa global de formación e seguimento dos futuros profesionais neste campo. O Curso enfocase cos seguintes obxectivos: 1) Convocar a profesionais e estudiantes de terceiro ciclo a unha reflexión en profundidade sobre os problemas científicos máis relevantes, sobre os enfoques actuais e sobre as posibilidades futuras; 2) Organizar o Curso desde unha perspectiva participativa e multidisciplinaria. Neste sentido, o Curso concíbese coma un seminario avanzado, ao que se accede despois de adquirir a información necesaria noutros cursos xerais ou especializados de carácter máis informativo; e 3) Realizar un seguimento dos que serán os futuros investigadores españois.

A Coruña - Salón de Actos do Campus Universitario de Oza, 7 de maio de 2010

O próximo 7 de maio de 2010, dende as 9.00 horas ata as 13.45 horas terán lugar as conferencias sobre as Novas fronteiras en reeducación funcional e control motor no Salón de Actos do Campus Universitario de Oza que contará con prestixiosos Conferenciantes

A Coruña - Real Academia de Medicina e Ciruxía de Galicia

O próximo 15 de abril de 2010, ás 19.30 horas terá lugar a sesión científica na que disertará sobre a Reeducación funcional na enfermidade de Parkinson: reordenando o movemento a través dos sentidos, impartida polo Dr. Javier Cudeiro Mazaira, Catedrático de Fisioloxía e Director do Grupo de Neurociencia e Control Motor.

Presentará a sesión e ao conferenciate o Ilmo. Sr. D. Carlos Acuña Castroviejo, Académico Numerario titular do "cadeira" de Fisioloxía.

O pasado 27 de outubro a Federación Española de Párkinson, en colaboración con Caja Navarra y GlaxoSmithKline fixo entrega dos galardóns da "II Edición dos Premios FEP de Investigación sobre a Enfermidade de Parkinson".
O acto de entrega dos Premios tivo lugar en Madrid, no Salón Ernest Lluch do Instituto de Salud Carlos III, referente nacional en investigación sanitaria. O Acto de entrega dos premios foi presidido polo Director do Instituto de Saúde Carlos III de Madrid, Don José Jerónimo Navas Palacios quen anuncio no mesmo acto, a posta en marcha en xaneiro de 2011 dunha estratexia a nivel europeo para a investigación e tratamento de enfermidades neurodexenerativas.

O fallo do xurado da II Edición dos Premios FEP de investigación sobre a EP, dotado con 15.000 euros, recaeu no proxecto "Caracterización neuropiscológica de la fase premotora de la Enfermedad de Parkinson por mutación en el gen LRRK2” dirixido polo Dr. Javier Ruiz Martínez, do Servizo de Neuroloxía do Hospital de Donostia de San Sebastián

O accésit dos premios dotado con 5.000 euros, recaeu no proxecto"A realidade virtual como terapia de apoio na Enfermidade de Parkinson" dirixido por Javier Cudeiro Mazaira, Catedrático de Fisioloxía Humana, Director do Grupo de Neurociencia e Control Motor do Departamento de Medicina da Facultade de Ciencias da Saúde da Universidade da Coruña.

O XIII Congreso da SENC celebrarase no Palacio de Congresos de Tarragona entre os días 16 e 19 de setembro, 2009.

Neste congreso estarán presentes todos os membros do grupo Neurocom. A conferencia de divulgación científica "El cerebro y la creación de la realidad: una visita a la máquina de inventar" correrá a cargo do Prof. Javier Cudeiro e o "Simposio XIV- Real o virtual: distintos mundos", será coordinado polo Prof. Casto Rivadulla no cal falará sobre a "Selección y filtrado en las primeras etapas de la construcción de la imagen"

Santiago de Compostela - Aula Magna da Facultade de Matemáticas

Impartirán conferencias dous investigadores do grupo de Neurociencia e Control Motor (Neurocom):

  • Xurxo Mariño Alfonso: "Mente, realidade virtual e a estrutura do "eu"" , o día 30/03/2009 ás 17 horas

  • Casto Rivadulla Fernández: "Os números do cerebro, ata canto sabemos contar?" o día 27/04/2009 ás 17 horas

(+información)

Casto Rivadulla Fernández, segundo premio do Certamen "Teresa Pinillos" con "El lenguaje de las neuronas"

O segundo premio do Certame Teresa Pinillos foi para "El lenguaje de las neuronas" , de Casto Rivadulla Fernández, profesor universitario e investigador do Grupo de Neurociencia e Control Motor (NEUROcom) do departamento de Medicina da Universidade da Coruña.

Búzios, RJ, Brasil, do 1 ao 4 de setembro de 2008

Congreso de Neurociencia organizado pola Sociedade Arxentina de Investigación en Neurociencias, pola Sociedade Brasileira de Neurociências e Comportamento, pola Sociedade Chilena de Neurociencia e pola Sociedade de Neurociencia de Uruguay.

Santiago de Compostela - Aula Castelao da Facultade de Medicina, 22 de xullo de 2008

O obxectivo destas xornadas consiste en fomentar y dinamizar a presentaci ón e discusión de traballos científicos entre xóvenes investigadores no ámbito da Neurociencia. Así mesmo, pretendese crear o marco idóneo ónde os investigadores que realizan as súas tarefas no ámbito do Programa Oficial de Posgrao de Neurociencia e do Programa de Terceiro Ciclo Interuniversitario de Neurociencia, poidan discutir con profesores e investigadores senior os proxectos e resultados do seu traballo de investigación

Facultade de Ciencias da Saúde, A CORUÑA, do 30 de xuño ao 1 de xullo de 2008.

Os días 30 de xuño e 1 de xullo próximos reuniranse na Coruña a Xunta Directiva da Sociedade Española de Neurociencia (SENC). Durante estes días, ademais das labores propias da xunta, realizarase unha reunión científica cos grupos galegos activos pertencentes á Sociedade e representativos das distintas áreas de investigación.

Entre os seus obxectivos, a SENC asume unha función educativa e de divulgación da Neurociencia e da repercusión que as investigacións nesta disciplina poden producir na sociedade en áreas da saúde, educación e desenvolvemento. Neste senso a Sociedade está moi implicada na transformación das ensinanzas universitarias para adaptarse ao Espazo Europeo de Educación Superior, e nos cambios necesarios en relación coa investigación, a ciencia e a innovación.

A reunión está organizada polo Grupo de Neurociencia y Control Motor (NEUROcom) e financiada pola Universidade da Coruña (Vicerreitoría de Calidade e Novas Tecnoloxías).

  • tres14Entrevista a Javier Cudeiro

    O pasado domingo, día 3 de febreiro, nol programa de TVE2 "Tres 14", entrevistaron a Javier Cudeiro. A entrevista "Ilusiones Visuales" tratou sobre a percepción visual e o cerebro.

| Contacto | © 2007 NEUROcom