Grupo de Neurociencia e Control Motor

English | Castellano | Contacto
Membros | Ónde | Prensa |
Visión e NO | Tálamo Visual | Mecanismos Sinápticos | Sono e NO |Mecanismos do Sono | Párkinson e Control Motor |
Centros | Programas |
Libros | Artigos Revistas |
subglobal6 link | subglobal6 link | subglobal6 link | subglobal6 link | subglobal6 link | subglobal6 link | subglobal6 link
subglobal7 link | subglobal7 link | subglobal7 link | subglobal7 link | subglobal7 link | subglobal7 link | subglobal7 link
subglobal8 link | subglobal8 link | subglobal8 link | subglobal8 link | subglobal8 link | subglobal8 link | subglobal8 link
tl_curve_white.gif tr_curve_white.gif

Neurocom

CONTROL MOTOR NA ENFERMIDADE DE PARKINSON

A enfermidade de Párkinson é un trastorno dexenerativo, crónico e progresivo, que afecta ao sistema nervioso central e que inevitablemente conduce aos enfermos que o sofren a unha situación de invalidez e dependencia de axuda externa. É unha entidade frecuente nas persoas de idade avanzada, cunha prevaleza que varía, segundo os estudios, entre 500 e 1500 casos por 100.000 habitantes. A súa distribución é universal aínda que a frecuencia da súa presentación varía dunhas áreas xeográficas a outras.

O tratamento máis habitual da enfermidade é o farmacolóxico, pero, cada vez máis, acompáñase de terapias complementarias que teñen como obxectivo mellorar a vida diaria dos pacientes. Nesta liña o grupo NEUROcom é pioneiro en España na utilización de estimulación sensorial rítmica, xa sea auditiva, visual, cutánea ou propioceptiva, para mellorar o movemento dos enfermos de Párkinson, sobre todo a marcha.

O obxectivo consiste en desenvolver un programa de actividade motora con ritmos externos impostos , pois observamos que a imposición destes patróns mellora a capacidade ambulatoria dos enfermos. Para elo utilizamos técnicas de electromiografía, actigrafía, polisomnografía e Tomografía por Emisión de Positrones (PET). Máis recentemente empezamos a traballar coa Estimulación Magnética Transcraneal repetitiva. Esta técnica está sendo utilizada cada vez máis en medicina para o tratamento de las enfermidades psiquiátricas y neurolóxicas, e existen expectativas razoables de que poida ser útil no Párkinson.

Os nosos estudios foron financiados pola Dirección Xeral de Investigación da Xunta de Galicia desde o ano 1999 a través de tres Proxectos de Investigación cuxo investigador principal é o Prof. Javier Cudeiro, e que nos garantan poder continuar cos traballos iniciados ata o ano 2010.

Como resultado dos proxectos mencionados, temos patentado un dispositivo de axuda aos enfermos. A propietaria da patente é a Universidade da Coruña, e o investigador principal é o Prof. Cudeiro.

Os nosos estudios sobre Párkinson e Estimulación rítmica foron galardoados con tres premios nacionais de investigación:

  1. Premio Fundación APMIB, 2001
  2. Premio Infanta Cristina (Imserso) 2004 na modalidade I+D+i (accesit)
  3. II Edición de los premios de Investigación Federación Española de Parkinson. Accesit único

Na actualidade continuamos colaborando coas Asociacións de Párkinson de Coruña e Ferrol, aos que lle debemos a nosa mais profunda gratitude, e comezamos a colaborar coa Fundación de Párkinson Madrid. O noso interese sigue centrado en axudar no día a día aos enfermos para diminuír a súa dependencia e mellorar a súa autonomía persoal. Estamos desenvolvendo novas aplicacións e axudas técnicas para esa finalidade en colaboración coa Universidade de Santiago e a Universidade Carlos III de Madrid,  para mellorar non só a marcha dos pacientes senón tamén o sono.

 

 

| Contacto | © 2007 NEUROcom