MECANISMOS DO SONO
Durante o sono as neuronas do tálamo e a cortiza presentan unha actividade oscilatoria de baixa frecuencia extremadamente sincronizada. O noso obxectivo é coñecer os mecanismos que dan lugar a dita actividade, para o cal realizamos experimentos de rexistro simultáneo extra e intracelular na cortiza, tálamo e prosencéfalo basal, combinado co rexistro de EEG, estimulación eléctrica e coa identificación anatómica das neuronas estudiadas mediante marcado intracelular.
