Papel do Oxido Nítrico (NO) na Vía Visual
O NO é un gas que actúa como neuromodulador no sistema nervioso. O obxectivo da nosa investigación é coñecer a función do NO no sistema visual. Actualmente centramos o traballo a nivel do tálamo (núcleo xeniculado lateral - dLGN - e núcleo perigeniculado) e da cortiza visual primaria (V1). Utilizamos técnicas de estimulación visual e eléctrica, combinadas con rexistro electrofisiológico extracelular e exección de fármacos mediante iotoforesis.

