A información sobre a pronuncia nos diccionarios galegos


María Dolores Sánchez Palomino

Universidade da Coruña


Entre as informacións que habitualmente proporcionan os diccionarios, en maior ou menor medida dependendo do tipo de diccionario e da lingua de que se trate, figura a relativa á pronuncia das entradas ou eventualmente das expresións que se definen baixo o epígrafe da entrada. No caso do galego, esta información reviste un especial interés por canto non incide só en certos préstamos ou neoloxismos, senón que abrangue tamén, por exemplo, moitos pares de palabras nos que o timbre vocálico é determinante do significado, a existencia de grafemas ós que poden corresponder diferentes realizacións fonéticas (caso do x), a posibilidade de aparición en certas expresións ou en determinados grupos de palabras de alomorfos do artigo ou de vocais epentéticas, etc. Un percorrido analítico pola lexicografía galega pode resultar interesante non só polo estudio destes fenómenos, senón tamén polo tratamento que algúns diccionarios, fundamentalmente cando non existía normativa ó respecto, dan a grandes fenómenos dialectais coma a "gheada", o seseo e outros, ás veces en relación directa co lugar de orixe do propio autor do diccionario.


IR A: | Información General del Congreso | Lista de comunicaciones | Alojamiento | Departamento de Lingüística General y Teoría de la Literatura | Universidad de La Coruña|