Laboratorio Xeolóxico de Laxe
Páxina principal
Publicacións
Novas...
Instituto Universitario de Xeoloxía
Universidade da Coruña
Sargadelos

Breve historia do Laboratorio Xeolóxico de Laxe


O Laboratorio Xeolóxico de Laxe é unha Institución científica galega que foi fundada polo Profesor Isidro Parga Pondal en 1940. Dende entón a súa actividade está adicada ao estudio da xeoloxía de Galicia e do Hercínico Peninsular Ibérico. Esta Institución xurde logo da expulsión do Profesor Parga Pondal da Universidade de Santiago de Compostela onde exercía un posto de Profesor de Xeoquímica, por razóns como o seu ideario nacionalista galego e o rexeitamento dos seus compañeiros profesorais á sua concepción progresista da Universidade. Estes feitos tiveron lugar en 1936, ao rematar a Guerra Civil Española. Dende ese momento o Profesor Parga Pondal refixo a sua vida e adicou o seu tempo libre e facenda ao estudio da xeoloxía galega e do Hercínico Peninsular, aproveitando os intres de lecer que lle deixaba a dirección da Empresa Caolines de Lage S.L., radicada na Vila de Laxe ao SW de A Coruña. Hastra o final da sua vida profesional, (seu retiro da vida activa producese en 1969), Parga Pondal senta as bases actuais da moderna xeoloxía galega realizando numerosas investigacións e publicacións entre as que destaca o Mapa Geológico de Galicia ás escalas 1:50.000, 1:250.000 e 1:500.000 onde se correlaciona, por vez primera, a xeoloxía de Galicia coa deas áreas adxacentes: Portugal e resto de España. A súa obra publícase en 1982 coa edición do Mapa Xeolóxico do Macizo Hespérico Peninsular que presenta a xeoloxía do Hespérico da mitade occidental da Península Ibérica froito da colaboración internacional de científicos de 5 países (Francia, Alemaña, Portugal, Reino Unido e España) e de 16 universidades europeas. Esta magna obra, coordinada e dirixida por Isidro Parga Pondal é o froito dos seus máis de 40 anos de investigación. Xunto a su labor científica expresada de maneira evidente nas suas numerosas publicacións está o seu meritorio traballo de director das investigacións xeolóxicas no NW da Península Ibérica que durante 25 anos levou a cabo non só coordinando estudiantes ou investigadores de distintas universidades europeas, (Leiden, Delft, Zurich, Münster, Montpellier, Toulouse, Strasbourg, Nancy, Liverpool, Lisboa, Porto, Coimbra, Barcelona, Complutense de Madrid, Oviedo, Salamanca, Santiago de Compostela), que desenvolveron as súas campañas de investigación en Galicia, senon nas colaboraciones continuadas da equipa de traballo do Laboratorio Xeolóxico de Laxe coas de numerosas Instituciones de prestixio españolas o extranxeiras, (C.S.I.C.; I.G.M.E.; I.G.M.; B.R.G.M., etc.). O resultado desta primeira etapa do Laboratorio Xeolóxico de Laxe foron unha serie de publicacións de índole diversa senon a consecución dunha experiencia de traballo coordinada de equipas multidisciplinares e multinacionais que, colaborando coordinadamente nun mesmo espacio físico, (Galicia) conseguiron levar á primeira posición no que a estudios xeolóxicos se refire, o territorio galego. Duas son as fases no estudio xeolóxico de Galicia que compre sinalar. Unha hastra 1835 cando mercede ao traballo de Guillerme Schulz, 3er Director do I.G.M.E., Galicia conta cunha carta xeolóxico, a mais moderna de toda España. a outra entre 1936 e 1982, en que, mercede ao traballo do Profesor Parga Pondal remata o Plan Magna do I.G.M.E. co mapa xeolóxico de Galicia a escala 1:50.000 que fornece a Galicia cun grao de coñecemento o mais pormiudizado da xeoloxía española sendo sen embargo a única rexión autonómica onde non existe Facultade de Xeoloxía nen estudios relacionados con ela no ámeto universitario.

En 1978, coa morte en accidente de tráfico de José Ramón Parga Peinador, fillo de Don Isidro Parga Pondal e continuador da sua obra pónse en grave risco a pervivencia da Institución, o que gracias ao apoio de Isaac Diaz Pardo, fundador da Fábrica de Cerámica de Sargadelos, no chegará a acontecer.

En efeito, en 1979 procedese ao traslado do fondo documental, litoteca, hemeroteca e biblioteca dende Laxe á nova sé do Laboratorio que fica ubicada dende entón na fábrica de Sargadelos (www.sargadelos.com) no Castro, Sada, A Coruña, onde se constitúe novamente a estrutura da súa organización e é fornecida con persoal e meios axeitados para relanzar a sua actividad o que se traduce nunha actividad de publicacións, reunións científicas e promoción da investigación xeolóxica que se prolonga hastra o día de hoxe.