Instituto Universitario de Xeoloxía
Páxina principal
Publicacións
Novas...
Laboratorio Xeolóxico de Laxe
Universidade da Coruña
OBXECTIVOS DO INSTITUTO UNIVERSITARIO DE XEOLOXÍA ISIDRO PARGA PONDAL


A.- OBXECTIVOS DOCENTES

Os obxectivos docentes dirixense á formación de persoal nos 3 ciclos universitarios no eido da xeoloxía de Galicia, cun caracter interdisciplinar, concretada en programas de Mestrado e doutoramento, así como en cursiños monográficos e a realización de Teses Doutorais en Xeoloxía.


B.- FORMACION PERSOAL:

A curto prazo se desenvolverán, en colaboración co Laboratorio Xeolóxico de Laxe, cursos monográficos de formación en Xeoloxía nas distintas especialidades de petroloxía, sedimentoloxía, paleontoloxía, xeomorfoloxía, hidroxeoloxía, ainda que tamén en outros temas como a avaliación do meio físico, a ordenación do territorio ou os estudios de impacto ambiental producidos polas obras públicas a minería e a rexeneración de terréos degradados, cun carácter marcadamente multidisciplinar, no que existe unha xa longa experiencia no grupo inicial de traballo.

A meio prazo a oferta docente completaráse con programas de Mestrado e Doutoramento que suplementarán o noso Programa de Terceiro Ciclo de Avaliación do Meio Físico, o que se vai realizar en función do incremento de persoal docente e investigador adscrito ao Instituto.

A longo plazo a oferta docente podería completarse coa criación dunha Licenciatura en Ciencias Xeolóxicas con base na Universidade de A Coruña.


C.- OBXECTIVOS DE INVESTIGACION

Referense a aquelos asignados polo Instituto e que corresponden á sua líña de investigación. Tamén coordinará e seleccionará o persoal apropiado para os trabllos interdisciplinarios nos que participe o Instituto.