|
O Insituto Universitario de Xeoloxía "Isidro Parga Pondal" é o resultado da colaboración entre duas entidades galegas: a Universidad de A Coruña e o Laboratorio Xeolóxico de Laxe (Fundación Isidro Parga Pondal) concretado hastra o momento en diversas actividades científicas e investigadoras entre as que se inclúen o desenvolvemento de proxectos de investigación teórica e aplicada, a coedición de publicacións científicas e a organización de cursilños monográficos, conferencias e congresos cientíticos. Estas actividades comenzaron xa en 1979 cando ainda non existía a Universidad de A Coruña, entre o Colegio Universitario de A Coruña, entonces dependente da Universidad de Santiago e o Laboratorio Xeolóxico de Laxe. Foi esa estructura a que permitiu o desenvolvemento de numerosas actividades científicas e docentes como se reseñan no apartado correspondente ao Laboratio Xeolóxico de Laxe.
En 1994 a Universidad de A Coruña e o Laboratorio Xeológico de Laxe asinan un convenio de colaboración relacionado coa coedición de publicacions e a organización de conferencias, congresos e cursiños monográficos sobre xeoloxía de Galicia e hercínica. Desde entón se ten desenvolvido unha intensa actividade de colaboración no eido científico e aplicado da xeoloxía que ten levado agora á criación do Insituto por Decreto publicado no D.O.G. 243/1997 número 156 de Agosto de 1997. Para facilitares o cumprimento dos obxectivos do citado convenio, cuio texto se inclúe no Anexo 1 e, como consecuencia da vontade das dúas entidades participantes, decidiuse utilizar a fórmula do Instituto Universitario que, de acordo co artigo 11 da ley de Reforma Universitaria (L.R.U.), son centros fundamentalmente adicados á investigación que poden realizaren actividades docentes e de investigación referidas a ensinanzas especializadas ou relacionadas con programas de doctoramento e fornecer asesoramento científico técnico.
O Instituto, debido á participación das dúas entidades, debe ser considerado con carácter multicéntrico e tendo en conta a variedade e diversidad de las disciplinas relacionadas con a Geología ha de ser multidisciplinar. En el Instituto tendrán cabida todas aquellas disciplinas relacionadas directamente con a Geología pero también otras que se desarrollan en los distintos centros de a Universidad de a Coruña, fundamentalmente na Facultade de Ciencias, Facultade de Ciencias da Educación, Facultade de Humanidades, Escola Técnica Superior de Enxeneiros de Camiños, Canais e Portos, Facultade de Ciencias Económicas, Facultade de Informática entre outras, pero que hoxe en día teñen un importante papel no desenvolvemento e aplicación da xeoloxía en todas as suas especialidades. Esto débese ao cambio conceitual, por ambas partes, sobre o que siñifica a xeoloxía e as súas posibles aplicacions a todolos campos, non só dende unha perspectiva individual senon tamén dende un enfoque interdisciplinario que fai unha obriga o traballo en equipa debido a a crecente complexidade dos medios de traballo a empregar, o que a sua vez permite unha aproximación integral á resolución de todolos problemas. Tal é o caso de especialidades como o tratamento de imaxes por ordenador para os estudios xeomorfolóxicos, ou a prospección xeoquímica de indicios minerais, ou a avaliación de xacimientos de rochas ornamentais con estudios de costos e mercados, ou os estudios de impacto ambiental por obras públicas ou minería e os de rexeneración de solos contaminados por residuos xeolóxicos.
O Insituto ten unha vocación integradora de todas aquelas disciplinas ou coñecementos que ainda, non sendo propiamente xeoloxía, se relacionan intensamente con ela o que permitirá unha utilización mais racional dos recursos da Universidade de A Coruña, e os dunha insititución nidiamente galega como é o Laboratorio Xeolóxico de Laxe de indudable enraizamiento na cultura, historia e ciencia de Galicia.
|
|