Xosé Ramón Freixeiro Mato
Formación:
Profesor Titular da área de Filoloxías Galega e Portuguesa na Facultade de Filoloxía da Universidade da Coruña.
Obtivo o doutoramento nesta mesma Universidade no ano 1992 cunha tese sobre Noriega Varela e a edición crítica da súa obra completa.
Proxectos de investigación:
Publicou diferentes artigos sobre temas lingüísticos e literarios galegos. É na actualidade director da Revista Galega de Filoloxía. As súas liñas de investigación céntranse na gramática da lingua galega e na análise da lingua literaria.
Publicacións:
A cara oculta de Noriega Varela (Laiovento, 1992, 248 pp.),
Da montaña o corazón (Produción literaria e lingua en Noriega Varela (Fundación Caixa Galicia/El Progreso, 1993, 143 pp., obra gañadora do 7º premio Anxel Fole),
Sebastián Martínez-Risco na cultura galega (Laiovento, 1994, 258 pp.),
Antonio Noriega Varela. Estudio e edición da obra completa (Deputación Provincial de Lugo, 1994, vol. I (537 pp.) e II (625 pp.)),
Edición d’ A torre de Peito Burdelo de Galo Salinas (Cadernos da Escola Dramática Galega, nº 104, 1994, 24 pp.), Rafael Dieste (Laiovento, 1995, 357 pp.),
Os diminutivos en galego (A Nosa Terra, 1996, 172 pp.),
Sebastián Martínez-Risco, ensaísta e poeta (Obra inédita e esquecida) (Ediciós do Castro, 1996, 487 pp.),
Antoloxía da prosa literaria medieval (AS-PG/A Nosa Terra, 1996, 276 pp.),
Os séculos escuros e a Ilustración galega. Antoloxía (AS-PG/A Nosa Terra, 1996, 180 pp.),
Lingua galega: normalidade e conflito (Laiovento, 1997, 4ª edición en 2000, 164 pp.; 5ª ed. corrixida e acrecentada en 2002, 228 pp.),
Gramática da Lingua Galega I. Fonética e fonoloxía (A Nosa Terra, 1998, 317 pp.),
Gramática da Lingua Galega III. Semántica (A Nosa Terra, 1999, 368 pp.),
Cos pés na Terra. Personalidade e obra inédita ou esquecida de Manuel García Barros (A Fouce, 1999, 199 pp.),
Gramática da Lingua Galega II. Morfosintaxe (A Nosa Terra, 2000, 748 pp.), Manual de Gramática Galega (A Nosa Terra, 2001, 269 pp.),
Gramática da Lingua Galega IV. Gramática do texto (A Nosa Terra, 2003, 208 pp.),
A lingua literaria galega no século XIX (Universidade da Coruña, 2005, 789 pp.),
Os marcadores discursivos. Conectores contraargumentativos no galego escrito (Área de Filoloxías Galega e Portuguesa da UDC, 2005, 283 pp., Premio da Crítica na modalidade de investigación 2006),
Cucou o cuco cuqueiro (Lingua e estilo na obra de Manuel María) (20º Premio Ánxel Fole, El Progreso / Fundación Caixa Galicia, no prelo).
Outros:
Máis información na BVG