Xosé Manuel Sánchez Rei (A Coruña, 1973).
Formación:
Licenciouse en Filoloxía Galego-Portuguesa na Universidade de Santiago de Compostela en 1997 e doutorouse na Universidade da Coruña en 2001, onde actualmente exerce a docencia como Profesor Titular na Área de Filoloxía Galega e Portuguesa.
Liñas de investigación:
O seu ámbito de investigación nortéase cara ás seguintes liñas:
Morfosintaxe do galego moderno.
Lingua literaria galega e lingua popular galega contemporáneas.
Dialectoloxía do galego contemporáneo.
Publicacións:

-O fidalgo e o teatro. Tres textos dramáticos de Ramón Otero Pedrayo. Introdución, edición e notas de... (Departamento de Filoloxías Francesa e Galego-Portuguesa da UDC, 1999).
-Se o vós por ben teverdes. A interpolación pronominal en galego (Laiovento, 1999).
-Os pronomes demostrativos: do latín ao galego contemporáneo (Monografía 1 da Revista Galega de Filoloxía, 2002).
-A lingua literaria galega no século XIX, en colaboración con X. R. Freixeiro Mato e G. Sanmartín Rei (Universidade da Coruña, 2005).
-A lingua galega no cancioneiro de Pérez Ballesteros (Laiovento, 2006).
-Curso de Lingüística Xeral de F. de Saussure. Introdución, tradución e notas de... (Laiovento, 2005).

“O uso da interpolación pronominal en galego durante os séculos escuros”, Verba, 1999.
“Repercusións gramaticais do uso da interpolación pronominal en galego”, Cadernos de Lingua, 1999.
“Aproximación dialectal aos pronomes demostrativos no galego contemporáneo”, Estudos dedicados a Ricardo Carvalho Calero, 2000.
“Arredor dos elementos deícticos adverbiais apresentativos”, Vir bonus docendi peritus. Homenaxe a José Pérez Riesco, 2002.
“O acrecentamento lexical a partir dos pronomes demostrativos en galego: principais resultados nos testemuños literarios do século XIX”, Actas do Encontro Comemorativo dos 25 Anos do Centro de Linguística da Universidade do Porto, 2002.
“Sobre a deíxe e os pronomes demostrativos”, Revista Galega de Filoloxía, 2002.
“A lingua literaria decimonónica (III): aspectos do léxico”, Estudos Galego-Brasileiros, 2003.
“Arredor do xénero ‘neutro’ e dos pronomes en galego”, xunto con X. C. Lagares, Estudos Galegos, Rio de Janeiro, 2003.
“O complemento preposicional perspectivado desde o marco teórico da gramática de valencias”, Estudos em Homenagem ao Professor Doutor Mário Vilela, 2005.
“Os falares populares portugueses dos séculos XVI-XIX: información (in)directa sobre o galego da época”, Gramática e Humanismo. Colóquio de Homenagem a Amadeu Torres, 2005.
“Trazos xerais da tradición gramatical galega”, Revista Galega de Filoloxía, 2005.
“A emerxencia da lingüística galega no século XIX”, Estudos Galego-Brasileiros, II, 2006.
“O marco predicativo do verbo dar en galego: un exemplo de actancia variábel”, Actes del VII Congrés de Lingüística General, 2006.
“O tratamento da lingua no Cancionero popular gallego (1885-1886) de José Pérez Ballesteros”, Garoza, 2006.
“Expresividade, estilística e deíxe: arredor dalgunhas construcións cos pronomes demostrativos en galego”, Diacrítica. Ciencias da Linguagem, 2006.
“A língua do romanceiro transmontano e a sua proximidade com o galego: algumas questões sintácticas”, Actas do V Colóquio Anual da Lusofonia, 2006.

Premios:
Certame Ricardo Carvalho Calero na modalidade de “Investigación Lingüística” (1998) coa obra Sintaxe do pronome átono en galego: a interpolación, posteriormente moito modificada e publicada baixo o título de Se o vós por ben teverdes. A interpolación pronominal en galego (Laiovento, 1999).
Outros:
Secretario da Revista Galega de Filoloxía e membro do seu Consello de Redacción desde o seu aparecemento no ano 2000.