Logotipo   
Cambiar a idioma castellano
Fachada principal do edificio
Detalle vidriera antigua Escuela
 

Está vostede en:  Inicio -> Prácticas en empresas
Imaxe dunha estrada na que pon transmite o que aprendiches!

acceder á páxina

 

Actualmente a Escola Universitaria de Estudos Empresariais realiza, a través da páxina web da Universidade da Coruña, a súa ofertas de prácticas, ou incluso emprego, en empresas.

REQUISITOS PARA A REALIZACIÓN DAS PRÁCTICAS

Para a realización de prácticas en empresas a través da Escola deberanse reunir unha serie de requisitos:

  • Ser alumno do centro.

  • Ter superados, como mínimo, o 50% dos créditos totais da carreira (sen incluir créditos de libre configuración).

  • As prácticas deberán ter unha duración máxima de 500 horas.

  • Recoñeceranse un máximo de 9 créditos de libre elección pola realización de prácticas en empresas, sendo o ratio de equivalencia de 3 créditos por cada 100 horas traballadas.

FUNCIONAMENTO DA PÁXINA WEB DE PRÁCTICAS: 

O funcionamento do sistema ofertado a través da web é sinxelo. En primeiro lugar, e unha vez nos atopamos na páxina da UDC, deberemos clicar no link "Emprego- Alumno".

Na páxina principal ofértanse unha serie de posibilidades. Nós entraremos no apartado "Acceso Alumnos e Titulados". Unha vez aquí, seguiremos un camiño ou outro en función do que queiramos facer:

1. Se inda non te deches de alta no sistema preme o botón "Novo Usuario". Unha vez lidas e aceptadas as condicións da Ley de Protección de Datos, deberás cumplimentar os campos que aparecen.

O "Nome de Usuario" e o "Contrasinal" funcionan de maneira idéntica a cando das de alta unha dirección de correo electrónico. Serán a túa chave para acceder ó sistema polo que sería aconsellable que escolleras palabras que che sexan fáciles de recordar e que ó mismo tempo só coñezas ti.

Nembargantes, se algún día se che esquecen, non te preocupes porque o sistema conta cun apartado precisamente para estes casos. Así, premendo en "Lembrar Claves" e introducindo o teu email ou o teu nome de usuario, ditas claves seranche enviadas ó teu correo electrónico.

Unha vez cumplimentes tódolos campos, pincha no botón "Enviar". En canto os teus datos sexan validados polo Centro Xestor, recibirás un email de benvida ó sistema.

2. Se xa eres usuario do sistema poderás acceder a calquera dos servicios que a Escola pon a túa disposición a través deste portal.

  • MI CV: Este é o primeiro paso. Así, o sistema vaiche solicitando unha serie de datos (persoais, formación, experiencia profesional, idiomas, informática...) que permitirán confeccionar o teu currículum vitae, a túa carta de presentación. Estes datos non son inmutables, poderás modificalos cando queiras (para esto simplemente deberás entrar no teu currículum e clicar na pestaña correspondente a área que queres modificar).

    NOTA: Aconséllase cubrir tódolos campos para evitar posibles problemas por falta información.

    Unha vez elaborado o teu CV poderás acceder ás distintas prácticas ou postos de traballos que oferten as empresas a través desta plataforma.
     
  • PRÁCTICAS: Neste apartado recónllense tódalas prácticas que nese momento se ofertan a través do servicio. Poderás ver o contido de calquera delas, simplemente premendo no nome da práctica en cuestión, ou volver á relación inicial clicando en "Volver á lista".

    Se algunha delas che interesa, podes enviar o teu currículum fácilmente, para esto basta con pulsar en "Enviar Currículum", así entrarás no proceso de selección que leve a cabo a empresa.

    Ademáis, poderás realizar búsquedas en función de diferentes criterios (área xeográfica, empresa...) e imprimir a información da práctica que che interese.

    NOTA: Pode suceder que nese preciso momento non se esté a ofertar ninguna práctica a través da web polo que sería convinte que o alumno consultase periódicamente o sistema para estar atento ás posibles novidades.
     
  • OFERTAS: O funcionamento deste apartado é exactamente igual que no caso das prácticas, só que neste caso o que nel se recollen son ofertas de emprego publicadas polas diferentes empresas participantes.
     
  • MI AGENDA: Este apartado ten varias utilidades.

    Por un lado permite almacenar información sobre as prácticas e ofertas nas que estás inscrito (Mis prácticas / Mis ofertas), mostrando o estado no que se atopan en cada momento, así como os posibles comunicados recibidos, tanto do centro xestor coma da propia empresa.

    Ademais, dende este apartado poderás modificar as túas claves de acceso, activar ou desactivar o teu currículum e incluso darte de baixa no sistema de maneira definitiva (premendo a opción adecuada en cada caso dentro da pestaña "Mis opciones").
     
  • SUXERENCIAS: A través deste apartado poderás dar a túa opinión sobre o funcionamento do sistema, aportar novas ideas ou deixar constancia das túas críticas sobre calquera dos temas relacionados coa plataforma.

PROCEDEMENTO PARA A REALIZACIÓN DAS PRÁCTICAS

Así, centrándonos na realización de prácticas en empresas, os pasos a seguir serían, a modo de resumo, os seguintes:

  • darte de alta na plataforma (alumno-emprego)
  • confeccionar o teu currículum
  • unha vez consultadas as prácticas ofertadas nese momento, inscribirte naquela/s que che interese/n, enviando o teu currículum para entrar no proceso de selección.

No caso de que sexas seleccionado por algunha empresa e te incorpores á mesma, asígnaráseche un tutor, tanto na Escola coma na empresa. Durante o período de prácticas, ámbolos dous tutores manterán contacto entre sí para evaluar o teu desenvolvemento e traballo ou xestionar calquera incidencia que se poida presentar.

Ademais, unha vez realizadas as prácticas, deberás presentar un informe, recollendo os coñecementos e habilidades adquiridos, as áreas da empresa nas que participaches ou as anotacións que en cada caso se estimen oportunas. A empresa, pola súa parte, deberá entregar a documentación pertinente, que acredite o teu traballo durante a colaboración coa mesma.

Por último, tanto ti coma a empresa recibiredes un formulario ou cuestionario, co propósito de avaliar o nivel de satisfacción de cada unha das partes e demais aspectos que o centro estime convinte.

 

Inicio | A Escola | Mapa do sitio | Contacto | Dirección | Info. académica | Administración | Plan de Estudos | Outros
    © 2009