|
TÍTULO DE GRAO
Plan de
Estudos: Graduado en Ciencias Empresariais
Perfil de acceso recomendado
Para acceder non se esixe ningunha formación previa
específica; os alumnos e alumnas poden ser admitidos na
titulación de Grao de Ciencias Empresariais de reuniren os
requisitos de acceso que establece a lei.
Aínda que non se esixen coñecementos previos (nin de tipo
xurídico nin económico) xa que nos dous primeiros
cuadrimestres se imparte a formación básica xeral nestes
campos, si se recomenda unha axeitada formación matemática
(equivalente á dos bacharelatos de ciencias e tecnoloxía).
Igualmente é recomendable ter interese polo mundo da empresa,
posuír vocación de acción e iniciativa, capacidade para se
enfrontar cos problemas e coas consecuencias das decisións
adoptadas ao respecto, así como ter hábitos para o razoamento
analítico e dedutivo.
Acceso a outras titulacións
O Grao en Ciencias Empresariais permite o acceso aos novos
posgraos e mestrados oficiais do Espazo Europeo de Educación
Superior, de contido afín, como o Mestrado en Banca e
Finanzas, o Mestrado en Xestión e Políticas Públicas, Mestrado
en Xestión e Dirección Laboral, ou o Mestrado en Dirección e
Planificación do Turismo, entre outros.
Saídas profesionais
O novo Grao en Ciencias Empresariais deseñouse para
atendermos unha demanda clara do mercado de traballo. As áreas
financeira, contable e fiscal representan unha proporción
altamente significativa canto á oferta de emprego, pois son as
institucións financeiras e as empresas de consultoría contable
e fiscal as que empregan a porcentaxe máis alta dos nosos
actuais titulados e tituladas.
Diferentes estudos poñen de manifesto que o nivel de
empregabilidade dos graduados e graduadas en Ciencias
Empresariais é elevado, xa que contan cun amplo campo de
saídas profesionais que poden exercer a profesión tanto por
conta allea como por conta propia.
Entre as principais saídas profesionais desta titulación
salientan a contabilidade, a auditoría, a fiscalidade, a
consultoría, as finanzas e a intermediación financeiras, a
planificación e a xestión de operacións, os sistemas de
información, a xerencia de pequenas e medianas empresas, etc.
Obxectivos xerais e plan de estudos
O Grao en Ciencias Empresariais ten como obxectivo xeral
proporcionar unha formación que permita un coñecemento extenso
e profundo do mundo da empresa en xeral e de determinadas
áreas desta en particular, que capacite os futuros graduados e
graduadas para responder de xeito crítico e responsable aos
diferentes retos que se lles presenten, e contribúa á
potenciación e á mellora da empresa.
O Grao en Ciencias Empresariais da Universidade da Coruña
debe:
- Facilitar a formación de profesionais versátiles,
capacitados tanto de iniciar o seu propio negocio como de
desempeñar labores de deseño, planificación, organización,
xestión, asesoramento e avaliación nas áreas e departamentos
contables, financeiros e fiscais de organizacións
empresariais, con especial referencia ás pequenas e medianas
empresas.
- Estar dotado dun axeitado nivel de
interdisciplinariedade, transversalidade e integración nas
súas materias, co obxecto de lle ofrecer ao estudantado unha
elevada capacitación metodolóxica de xestión e tratamento da
información que lle proporcione vantaxes competitivas, non
só no seu labor profesional, senón nunha sociedade global en
permanente transformación.
- Prestarlles especial atención aos cambios que, tanto en
conceptos como en metodoloxía ou en aplicacións, implican no
mundo empresarial as novas tecnoloxías da información e as
comunicacións. Así mesmo debe permitir obter e actualizar os
coñecementos específicos que teñen como base a aparición de
novas leis e regulamentos que afecten ao mundo fiscal,
financeiro ou contable.
- Utilizar unha metodoloxía de ensino que lle permita ao
estudantado integrar a aprendizaxe na súa vida e no seu
labor profesional, e lle proporcione unha formación básica
xeral que sirva como puntal para a formación continua ao
longo da vida.
>>
Descarga do tríptico informativo coa distribución
cuadrimestral das materias
Diplomado en Ciencias Empresariais
O Plan foi deseñado para formar
profesionais en técnicas de xestión, comercialización,
finanzas e contabilidade. Inclúense os coñecementos necesarios
en organización de empresas, economía, dereito empresarial,
fiscalidade e informática, para o desenvolvemento da
actividade empresarial.
Distribuído en tres cursos académicos, a
superación dos mesmos permite obter o título de Diplomado en
Ciencias Empresariais, que dá acceso a estudos de 2º ciclo
pero que, polo seu carácter de titulación final, permite a
plena incorporación ao mundo laboral:
-
postos de traballo no sector privado.
Áreas: administrativa, financeira, mercadotecnia, contable,
banca, auditoría, etc.
-
sector público: todo tipo de oposicións
oficiais dirixidas a diplomados universitarios.
-
exercicio libre da profesión en asuntos de
asesoría empresarial e fiscal.
RESOLUCIÓN de 28 de agosto de 2000, da
Universidade da Coruña, pola que se publica o plan de estudos
conducente ao título oficial de Diplomado en Ciencias
Empresariais a impartir na Escola Universitaria de Estudos
Empresariais (BOE 20/10/2000):
Ver
documento en pdf
PROGRAMAS DAS MATERIAS
Se non pode ler os arquivos ".rar" pode descargarse un
programa gratuito de
www.winrar.es
Programas das materias do Plan Antigo
(11/02/1974):
|