Con máis de trinta anos de vida, a Escola
Universitaria de Estudos Empresariais interveu na
formación dunha boa parte dos protagonistas do mundo
empresarial coruñés e galego.
Desde o ano 2002 está situada no Campus de Elviña,
nun moderno edificio que comparte coa Facultade de
Ciencias Económicas e Empresariais. Dispón dunha
completa biblioteca especializada con máis de 67.000
volumes e 1.000 publicacións periódicas, aulas
equipadas con sistemas audiovisuais (ordenador,
audio e canón de vídeo), pantallas informativas no
vestíbulo, cinco aulas de informática, rede wifi,
salas de estudo, sala de graos e salón de actos con
capacidade para 500 persoas equipado con un completo
sistema audiovisual e equipos de tradución
simultánea.
Situación
A Escola atópase no Campus de Elviña, a uns 5 kms do centro da
cidade. É o edificio que se atopa despois da Facultade de Socioloxía, a uns 50 metros.
Ao
Campus accédese desde a Avenida de Alfonso Molina, en
dirección saída da cidade, despois de pasar o centro comercial
Carrefour e antes de entrar na autoestrada A-9.
Acceso desde a saída da autoestrada, en dirección A Coruña:
a uns 1200 metros da saída da A9 pode facerse un cambio de
sentido (paso elevado), e logo o acceso é o arriba indicado.
Pode facerse o cambio de sentido en dirección a Carrefour a
500 metros da saída da autoestrada, pero non é recomendable
porque non é un cambio directo.