Logotipo   
Cambiar a idioma castellano
Fachada principal do edificio
Detalle vidriera antigua Escuela
 

Está vostede en:  Inicio -> Administración --> Ampliación matrícula e avaliación por compensación

AMPLIACIÓN DE MATRÍCULA

De acordo co artigo 11.2 apartado e) das normas de matrícula 2009-2010, esta dirección establece o prazo do 15 ao 26 de febreiro de 2010 para a ampliación de matrícula dos alumnos que superaron algunha materia na convocatoria extraordinaria de decembro - 2009.

Poderán ampliar matrícula nun número de créditos igual aos superados en devandita convocatoria, en materias da Diplomatura anuais ou que se impartan no segundo cuadrimestre.

Presentarán na Administración da Escola:

  • Solicitude de matrícula nunha instancia dirixida á Directora.
  • Expediente expedido polo PIU (Punto de Información Universitaria)

CON XUSTIFICANTE:

  • Abonan o 50%: Familia Numerosa Xeral
  • Exentos: Familia Numerosa Especial, discapacitados, vítimas de actos terroristas ou de violencia de xénero.

AVALIACIÓN POR COMPENSACIÓN

Requisitos

Concederase a avaliación por compensación aos estudantes que cumpran todos e cada un dos seguintes requisitos:

  • Que cursasen polo menos o 50% da Diplomatura na Universidade da Coruña.
  • Que só lles reste unha materia para finalizar os estudos e non transcorrese mais dun ano desde a última convocatoria suspensa.
  • Que esgotasen, como mínimo, tres convocatorias da materia que solicitan compensar.
  • Que a nota media do seu expediente académico sexa igual ou superior ao 80% da nota media da última promoción con dereito a docencia (1,019201 no 2009/2010).
  • Que estean matriculados na materia en que solicitan compensación, sempre que a normativa vixente llo permita.

Prazos

A solicitude de avaliación por compensación irá dirixida, mediante instancia, ao director do centro, dentro do prazo de 15 días hábiles contados a partir do remate do prazo de entrega das actas das convocatorias oficiais de exames de fin de carreira ou setembro.

Prazo vixente: do 1 ao 29 de outubro de 2010

Ampliar información -->

Inicio | A Escola | Mapa do sitio | Contacto | Dirección | Info. académica | Administración | Plan de Estudos | Outros
    © 2009