SE ACCEDEDES DESDE A AULA DE INFORMÁTICA, ACTUALIZADE A PÁXINA.
En ocasións, por problemas de caché non se actualizan os cambios automáticamente.
Material para o traballo de Análise da Varianza: AQUI
Contén:
Exercicio 1, feito na clase o xoves 14 de abril: AQUI
Solucións para o Exercicio_1 de R: AQUI
Exercicio 2, preguntas do exame de R do curso pasado: AQUI
É un ficheiro zip co enunciado e tres ficheiros para R. Un deles (autompg.Rdata) son datos que se necesitan para o exame, outros dous (lagos.Rdata, solares.Rdata) son resposta a un par de preguntas (por se non saían)
Solucións para o Exercicio_2 de R: AQUI
Comeza o periodo para escoller os datos cos que ides facer os traballos.
Para inscribir os grupos habilitouse un foro no MoodleUDC, onde anotaríades os nomes e os datos cos que ides facer os traballos (ainda que se poden cambiar a posteriori). A información sobre os grupos e os traballos está AQUÍ.
Subiuse a web o material para o tema 2: AQUI
Nel explícase como baixar o programa, e instalalo é doado.
O vindeiro mércores as clases serán na aula de informática.
Dado que todos os que fixestes estades por encima de 2,5 ou bastante cerca, decidín relaxar a norma de sacar un mínimo de 2,5 (sobre 5) nos exames para sumar a nota dos traballos, baixando ese mínimo a 2.
Deste xeito non teríades que realizar ningunha repesca, e se coa suma desta nota, dos traballos e do exame de R conseguides o 5, teríades superada a materia.
Con este cambio, quedará a repesca de algún exame como algo voluntario, para quen lle interese facelo.
Exemplo de exame para practicar a proba 3: AQUI
Exemplo de exame para practicar a proba 2: AQUI
Subíronse ao MoodleUDC as cualificacións da primeira proba.
Neste web irase colocando a información que necesitedes sobre esta materia, así como os cambios ou novidades que haxa en relación a ela.
A materia céntrase no estudio dos métodos básicos de análise multivariante, entendidos como unha ferramenta fundamental dentro do sistema de información dunha empresa, e este a súa vez como un apoio fundamental na toma de decisións..
Terá un enfoque preferentemente práctico, polo que se inclúe a introducción ó manexo dun paquete estatístico.
Máis información sobre a Materia
Neste curso empregarase com programa para realizar os cálculos o paquete estatístico R. Este programa é software libre, polo que os alumnos non terán ningun problema se queren obter unha copia para instalalo no seu ordenador.
O programa podese obter no seu web.
Un curso suave de introducción podese atopar
neste web.
De todas formas tamén se explicará o seu uso na aula, ampliándose a explicacion a medida que se explique cada un dos métodos estatísticos.