A Colexiata de Vigo.
  Fachada.
Os templos de planta basilical recuperaron no neoclasicismo francés as pantallas de columnas, propias do pasado paleocristián, no lugar dos piares. Juan de Villanueva utilizou este recurso tipolóxico no oratorio do Cabaleiro de Gracia.

Á obra de Juan Villanueva, máxima cota do neoclasicismo hispano, seguiu o obrigado paréntese da guerra da Independencia. Anos despois continuaríanse dúas correntes, unha austera ou xélida e outra pintoresca e arqueolóxica, duas linguaxes difundidas dende a Academia a través das pequenas obras que se podía permitir un país arruinado pola guerra. A excepción surdiu en Galicia, coa construcción dun gran templo neoclásico en 1816, a Colexiata de Vigo, obra proxectada polo arquitecto Melchor de Prado Mariño, coa que a arquitectura galega emprendeu un camiño artístico rexido pola máis estricta ortodoxia oficial.

Na obra viguesa, a pegada de Villanueva é palpable, cunha planta case idéntica á dun proxecto de basílica non construído do arquitecto madrileño. A fachada, polo contrario, afástase das solucións do século XVIII, para defini-lo novo tipo de fría composición que se repatirá nos novos tempos da primeira metade do século XIX. Unhas fachadas de rigorosa ordeación modular e xeométrica, con planos lixeiramente resaltados nos que destacan ou se rehunden cadrados, fornelas e medallóns lisos. A Colexiata de Vigo utiliza a orde toscana nas súas columnas o que lle proporciona un porte monumental, acentuado por altos e voluminosos plintos cúbicos. Este purismo clásico, tan alleo ó galego, é o resultado da evolución dos postulados racionalistas da Ilustración, cara a un pragmatismo obsesionado coa composición codificada. As fiestras trátanse como simples perforacións nas bóvedas e nos muros, a pilastra case desaparece, chegándose a unha situación de tensa frialdade emocioal.
 

 Columnata interior. Perspectiva. Pranta.
 Sección transversal. Alzado. Perspectiva interior.


Dpto. de Composición. 
Universidade da Coruña.

Iglesia de Sta. Mª de Pastoriza.Edificios Singulares.