Un
dos máis grandes mosteiros de Santiago de Compostela, o dos franciscanos,
foi construido fora das murallas medievais da cidade no periodo gótico.
Daquela época so restan en pé varios arcos do primitivo claustro.
A reforma do mosteiro na Idade Moderna, completouse coa construcción do monumental templo de San Francisco a mediados do século XVIII, con proxecto de 1741 e dirección de obra de Simón Rodríguez, un dos máis importantes artistas do barroco galego. A airada denuncia dos benedictinos de San Martín Pinario polo voluminoso tamaño da obra, obligou a rebaixar o terreo do novo templo, proxectado con planta rectangular, unha alta nave central abovedada en canón e cúpula no cruceiro.
Pero o máis significativo
da igresia “barroca” de San Francisco, é precisamente o seu “anti-barroco”,
unha corrente de deseño de aplacados xeométricos como única
ornamentación da arquitectura, alonxada dos motivos clásicos
ou naturistas do momento. No século XIX, Melchor de Prado lle adosou
á fachada unha estructura neoclásica.


| Dpto.
de Composición.
Universidade da Coruña. |