Castelo de San Antón (A Coruña).
 
 
Castelo de San Antón.Sobre un pequeno islote, na ría de A Coruña, edificouse a finais da Idade Media unha capela dedicada a San Antón, na que se recollía ós navegantes aquexados do mal gangrenoso “Lume de San Antón”. Este islote foi máis tarde utilizado como lazareto, lugar de confinamento dos viaxeiros sospeitosos de padecer lepra.

As obras de construcción do castelo de San Antón comenzaron en 1587, como indica unha inscripción situada xunto ó escudo do marqués de Cerralbo na portada da fortaleza. Durante o ataque inglés de Francis Drake en 1589, o castelo que estaba en fase de construcción defendeu eficazmente coa súa artillería a muralla da cidade. O rei Felipe II ordeou  que se acabara o forte, baixo a dirección do enxeñeiro Rodríguez Muñiz.

Tra-lo ataque de 1639, no que a escadra francesa asediou a cidade, a bahía coruñesa quedou protexida polos fogos cruzados dos castelos de San Antón e San Diego (hoxe desaparecido). Tras este ataque o marqués de Valparaíso propuxo a Felipe IV a reforma da fortificación, que concluiría no século XVIII, cando o enxeñeiro Antonio López Sopeña construiu a Casa do Gobernador coa súa pequena capela neoclásica no exe da composición do edificio.

No século XX uniuse a terra, deixando de ser unha isla. En 1960 o ministerio do Exército o cedeu á Casa do Concello, tras unha longa etapa como prisión militar. En 1964 convertiuse en Museo Arqueolóxico e Histórico de A Coruña.
 
 

Portada da fortaleza, Imaxeretrospectiva 1900. Imaxe actual.
Fortificación de A Coruña. Século XVIII. Grabado antigo. Pranta da fortificación.
 


Dpto. de Composición. 
Universidade da Coruña.