A
capela foi comezada en 1517 dedicada a San Roque para pedir polo fin da
peste que nese ano se propaga por Galicia, e concluída sesenta anos
despois, tras cincuenta e tres de paro. É de planta única
e ábsida octogonal.
O hospital foi fundado en 1577, a raíz doutra peste que arrasou a cidade de Santiago, cun claustro de maior riqueza artística cá mesma capela.
O contrato de construcción da capela é de 1570, a acta de fundación e dotación do Hospital polo Arcebispo D. Francisco Blanco de 1577, e a acta de cesión de terreos para a construcción do hospital de 1578.
O Arcebispo empezou por entregar ó Cabildo o primeiro de xuño de dito ano 1577, dez mil ducados para construír "un hospital, no cal se poidan curar e procurar remedio os pobres enfermos das bubas e otros males contaxiosos (exceptuados os enfermos das ordes de San Lázaro) e os moitos pobres que ordinariamente hai necesitados neste beneficio", facultando ó mesmo tempo ó Cabildo para que puidera colocar dita renda e edificar e dota-la casa, estando concluída a obra a principios de 1582.
No primeiro tercio do século XIX, o hospital sufriu unha restauración completa, como indican as inscricións que se len no friso e sobre unha das columnas do claustro.
O claustro de órde dórica, é dunha elegante sinxeleza. Ten catro arcos por lado, que descansan en fermosas columnas dunha soa peza.
A capela nada de particular ofrece. Os tres altares son Churriguerescos. No maior venérase a imaxe do Santo e as de San Cosme e San Damián, que tamén adorna a porta do edificio. Os colaterais están adicados a Nosa Sra. de Monserrat o do Evanxeo, e a San Sebastián o da Epístola. A fachada actual que non pode ser máis sinxela fíxose a mediados do século XVII como demostra a inscrición que ten enriba da porta:
" Esta portada realizouse
cunha esmola dos confrades do Sr. San Roque e de Antonio Freijóo
Mayordomo que o foi 4 anos pola súa devoción. Ano de 1642".


| Dpto.
de Composición.
Universidade da Coruña. |