
A CASA GALEGA
1.-
VIVENDAS MARIÑEIRAS.- Casas en poboacións costeiras das
rías galegas das provincias da Coruña e Pontevedra.
Son estreitas construccións de dúas plantas nos baixos das
cales hai soportais e locais para garda-los aparellos de pesca. Na planta
alta está a vivenda con galerías acristaladas, corredores
de madeira ou patíns de cantería.
2.-
A CASA DE LUGO.- Casas “bloque” de forma prismática, con grosos
muros e escasos ocos que illan a vivenda da crueza climática nas
altas chairas do interior de Galicia na provincia de Lugo. Os animais e
a cociña (lareira) están situados na planta baixa, mentres
que a planta alta se destina a vivenda. Están construídas
con cantería ou cachotería e cubertas de lousas.
3.-
A PALLOZA.- A máis ancestral construcción vernácula
de Galicia, encontrámola nas montañas de Lugo, en poboacións
como Piornedo. A súa orixe e pranta ovalada solen relacionarse
coas cabanas prehistóricas dos castros galegos. Os muros son grosos
e baixos, cubríndose con palla (colmo). No seu interior o espacio
único contén a vivenda, os cortellos para o gando e o palleiro.
Todo colabora a crear un medio climático temperado, fronte ó
frío exterior.
4.-
A CASA DA CORUÑA.-
É o modelo de edificio rural máis común no campo galego.
Son construccións de cachotería, con perpiaños nos
elementos principais, cubertas con tella. Trátase de agrupacións
volumétricas arredor dun núcleo central, no que está
a vivenda dunha ou dúas plantas. Nos corpos anexos encóntranse
as cortes, os celeiros, o palleiro e os almacéns. Son edificios
agrícolas diseminados polas zonas de fértiles cultivos.
| Dpto.
de Composición.
Universidade da Coruña. |