Este monumental conxunto fortificado,
no que se asentaron as linaxes dos Ulloa, os Zúñiga, os Viedma,
os Fonseca, os Acevedo e os Duques de Alba, foi enclave estratéxico
desde a Idade Media na fronteira con Portugal. A “Acrópole” máis
grande de Galicia está formada por tres recintos amurallados sobre
unha alongada lomba, nas proximidades de Verín (Ourense).
No recinto superior encerrábase a poboación medieval, conservándose o pazo renacentista, a Torre do Homenaxe do século XV, a Torre das Damas, os restos do hospital de peregrinos e a igrexa gótica de Santa María. Estas construccións débense en gran medida a D. Sancho Sánchez de Ulloa, primeiro Conde de Monterrei en tempo dos Reis Católicos.
Na Idade Moderna construíronse dous recintos abaluartados que encerraban os conventos de franciscanos e xesuítas, bajo a dirección dos enxeñeiros militares de Felipe IV, Juan de Villarroel e Carlos de Grunemberg. A función militar do conxunto fortificado, complementouse coa importante vida cultural da pequena corte nobiliaria, na que se imprimiu o primeiro incunable galego e impartíase docencia en gramática, artes e teoloxía.
A igrexa parroquial de Sta.
María é un templo dos séculos XIV-XV, cunha soa nave
cuberta de madeira e ábsida rectangular con bóveda de crucería.
Destacan no artístico un belo retablo gótico de pedra e a
portada lateral, formada por tres arquivoltas moi decoradas e o tímpano
presidido por Cristo e o tetramorfos.


| Dpto.
de Composición.
Universidade da Coruña. |