Colexio do Cardeal - Monforte.
 Vista xeral Colexio do Cardeal.
O Colexio do Cardeal de Monforte de Lemos (Lugo), debe as súas orixes ó Cardeal Rodrigo de Castro, a infancia transcorreu en dita cidade.

En xullo de 1593, o Cardeal viaxa a Madrid onde visita ó provincial dos xesuítas para face-la escritura de fundación e dotación do Colexio. Nese documento faise constancia da cesión dun conxunto de reliquias á institución.

As obras sufriron moitas interrupcións. Foi expulsado ó mestre Diego de Isla, e á morte de Juan de Cajigas suspéndese o traballo na igrexa. En 1598 Rodrigo de Castro da poderes á condesa de Lemos, dona Catalina de Zuñiga, para contonua-los traballos. É así como se nomea a Juan de Tolosa mestre de obras, principalmente no que se refire á casa e escolas. En 1598 son continuadores das mesmas Diego de Vélez e Gonzalo de Güemes, baixo a supervisión de Juan de Tolosa, arquitecto xesuíta discípulo de Juan de Herrera. En 1600 era mestre maior das obras o tamén xesuíta Juan Bustamante. Non obstante, ó morre-lo Cardeal neste mesmo ano as obras quedan interrompidas durante varios anos. Acabou a igrexa o mestre Simón de Monasterio e no ano 1619 conságrase o templo totalmente rematado.

Compositivamente trátase dun conxunto manierista, ordenado con dous claustros ós lados do templo "vignolesco" cuberto con cúpula, recordando na súa monumentalidade ó Escorial.

 

 Vista xeral. Interior do templo. Sección da cúpula.
 Pranta. Alzado. Sección do Claustro.
 

Dpto. de Composición. 
Universidade da Coruña.

Iglesia de S. Fco. de Betanzos.Iglesia de Sta. Mª de Pastoriza.