Muralla de Lugo.
 
 
A Muralla de Lugo.Lucus Augusti, a actual cidade de Lugo, foi fundada polo emperador Augusto como poboación romana e capital do convento xurídico lucense, durante as guerras cántabras entre os anos 26 e 24 antes de Cristo.

Debeu surdir como unha cidade campamental, a partir da tradicional organización reticular de distribución urbana, propia dos campamentos militares do exército romano. Ó longo da etapa imperial foi adquirindo importancia pola súa situación estratéxica entre as poboacións tamén romanas de León, Astorga e Braga, así como por distribuí-las calzadas que acercaban á costa do noroeste peninsular.

O seu amurallamento realizouse no século III, cubrindo co recinto unha extensión superior á da mesma cidade, ata encerrar máis de 30 hectáreas, incluíndo terras de labor dentro da zona fortificada. Esto orixinou unha gran muralla con oitenta e cinco torreóns circulares e numerosas portas das que se conservan catro romanas, cunha lonxitude total de 2.140 m.

Algún destes torreóns conserva as ventás que deberon ter en dous pisos superiores en que se remataban orixinalmente. A súa estructura é de lousas e perpiaños de granito, segundo as zonas, cun grosor que lle permite un amplo camiño superior de ronda. Neste século liberouse das numerosas construccións que tiña pegadas.
 
 

Muralla de Lugo. Vista parcial. Muralla de Lugo. Vista parcial.
Muralla de Lugo: Plano 1812. Muralla de Lugo: Plano 1871.
 


Dpto. de Composición. 
Universidade da Coruña.