San Julián de Ferrol.
 

É un templo proxectado polo arquitecto académico Julián Sánchez Bort, a partir do ano 1763, para a nova barriada que se levantaba na cidade de Ferrol. Na súa planta centrada e nos primeiros proxectos, recollíanse conceptos arquitectónicos e compositivos propios do  Renacemento, reformados na obra final.

Ten planta de cruz grega, cuberta cunha gran cúpula, que non deixa ve-lo seu casco ó exterior. A portada repite modelos compositivos propios do manierismo, con dous corpos superpostos e xambas de saíntes perpiaños, enmarcada por dúas altas torres. A pegada italiana está presente na obra deste académico, autor tamén da nova fachada da catedral de Lugo, unha arquitectura que non é autenticamente neoclásica, a pesar de desenvolverse en pleno proceso da Ilustración, seguindo pautas artísticas da Academia de San Fernando.

A estructura urbana do novo barrio da Magdalena, concibida por Jorge Juan e completada polo mesmo Sánchez Bort, responde a unha retícula  con dúas prazas simétricas. Dela destacan dous bloques nos que se construíron este templo de San Julián e o teatro Jofre, fronte á portada do Arsenal Naval, construída igualmente por este arquitecto.

 
 

San Julián: Situación. San Julián: Alzado Principal. San Julián: Perspectiva.
San Julián: Sección. San Julián: Planta. San Julián: Alzado Lateral.
Proxecto para Ferrol: Siglo XVIII. Ferrol Amurallado: Século XIX. San Julián: Grabado Antigo.


Dpto. de Composición. 
Universidade da Coruña.